Antonio Lago Outeiral, nado en Boiro, foi un carpinteiro e político galego.
Traxectoria Carpinteiro. Foi concelleiro en Boiro logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Foi nomeado depositario dos fondos municipais. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 21 de agosto. Fuxiu na lancha San José n.º 2 do Cabo de Cruz en xullo. Declarado fuxido e en rebeldía. Foi capturado en 1939 e xulgado por adhesión á rebelión en Ferrol na causa 8/1939. A sentenza do Consello de Guerra foi cadea perpetua. Ingresou no Forte de San Cristovo o 24 de outubro de 1939, permanecendo nesa prisión ata o 14 de decembro de 1942 cando foi trasladado aos Talleres Penitenciarios de Alcalá de Henares. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1937.La Voz de Galicia, 18-5-1937, p. 4BOE, 24-1-1944, p. 434. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Concelleiros de Boiro
Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Boiro Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Carpinteiros