A mara patagoa (Dolichotis patagonum) é unha especie de roedor da familia dos cavíidos, e malia a súa semellanza coas lebres non pertence á orde das verdadeiras lebres (lagomorfos).

É un dos meirandes roedores do mundo, cun peso medio de 8 kg, con exemplares chegando até os 16 kg. É un dos mamíferos endémicos da Arxentina de maior tamaño. Posúe patas longas e fortes que usa para correr a gran velocidade cando se sente ameazada.

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Roedores Categoría:Mamíferos da Arxentina Categoría:Fauna endémica da Arxentina Categoría:Animais descritos en 1780