David Mackenzie, nado en Corbridge o 10 de maio de 1966, é un director de cine escocés e cofundador da produtora con sede en Sigma Films. Realizou dez longametraxes, incluíndo Young Adam (2003), Hallam Foe (2007), Perfect Sense (2011) e Starred Up (2013). En 2016, o filme de Mackenzie Hell or High Water estreouse en Cannes e foi estreado nos cinemas dos Estados Unidos en agosto dese ano. En outubro de 2016, Mackenzie traballou en Damnation, un piloto de televisión para Universal e USA Network. Mackenzie tamén dirixiu o filme histórico para Netflix, Outlaw King (2018). Mackenzie e os seus filmes foron descritos como non encadrados nun xénero ou tipo particular.

Traxectoria Despois de estudar en Duncan de Jordanstone Universidade de Arte e Deseño en Dundee, Mackenzie empezou a dirixir curtas: Dirty Diamonds (1994), California Sunshine (1997), Somersault (1999) e Marcie's Dowry (2000), gañando varios premios internacionais.

A longametraxe de debut de Mackenzie foi The Last Great Wilderness (2002). O seu irmán, o actor Alastair Mackenzie, interpreta a un pailán que queima por vinganza a casa do amante da súa muller. O filme comeza como unha comedia de gangsters, segue como un filme de terror e acaba converténdose en algo diferente. Presentouse no TIFF en 2002.

Logo adaptou a novela homónima en Young Adam (2003). Está protagonizado por Ewan McGregor, Tilda Swinton, Peter Mullan e Emily Mortimer. O filme estreouse en Cannes en 2003, e en 2004 optou ós premios BAFTA. Tilda Swinton e Ewan McGregor gañaron os BAFTAs escoceses polas súas interpretacións. O filme tamén gañou o Premio Michael Powell no EIFF, e estivo nomeado a catro BIFA e varios premios da Academia de Cine Europeo.

Filmografía Filmes The Last Great Wilderness (2002) Young Adam (2003) Asylum (2005) Hallam Foe (2007) Spread (2009) Perfect Sense (2011) You Instead (2011) Starred Up (2013) Hell or High Water (2016) Outlaw King (2018)

TV Damnation (2017)

Curtametraxes Dirty Diamonds (1994) California Sunshine (1997) Somersault (2000) Marcie's Dowry (2000)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Escocia Categoría:Directores de cinema de Escocia