Anxos Sobriño Pérez, nada no Rosal en 1971, é unha filóloga galega, presidenta da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua desde o ano 2016. Traxectoria Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou no Instituto da Lingua Galega, no Concello do Rosal, na Dirección Xeral de Xustiza da Xunta. Desde 2005 é técnica superior lingüista na Audiencia Provincial de Pontevedra. Preside a CNTL desde o ano 2016.http://ctnl.gal/web/notic.php?ide=1229
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Entrevista no Proxecto Neo
Categoría:Activistas pola normalización lingüística do galego Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados no Rosal Categoría:Nados en 1971