Miguel Gómez Pardo, nado en Oza dos Ríos cara a 1901 e finado en Vigo o 30 de outubro de 1936, foi un xastre e político galego. Traxectoria Xastre establecido en Lavadores, o seu taller sufriu un incendio en abril de 1932.El Pueblo Gallego, 9-4-1932, p. 10. Na República foi elixido vogal da Agrupación Artística de Lavadores en 1933.El Pueblo Gallego, 28-3-1933, p. 7. En setembro de 1935 foi elixido vicesecretario do Subcomité Socialista de Lavadores presidido por José Antela Conde.El Pueblo Gallego, 26-9-1935, p. 3. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Vigo por rebelión militar o 18 de outubro, sendo defendido por José Queizán Hermida,El Pueblo Gallego, 20-10-1936, p. 3. foi condenado a pena de morte. Foi executado en Vigo o 30 de outubro con Humberto Solleiro Rivera, Francisco González Martínez e Gabino González Martínez.El Pueblo Gallego, 1-11-1936, p. 10.
Notas
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Nados en Oza Cesuras Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1901 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos