miniatura|Busto de Sócrates. A frase só sei que nada sei ou sei unha cousa: que eu nada sei (orixinalmente do latín: "ipse se nihil scire id unum sciat") unha posíbel paráfrase dun texto grego antigo; tamén citado como "scio me nihil scire" ou "scio me nescire"; posteriormente retrotraducido para o grego catarévussa como "[ἓν οἶδα ὅτι] οὐδὲν οἶδα", [hèn oîda hóti] oudèn oîda), por veces chamado de paradoxo socrático, é un dito moi coñecido derivado da narrativa de Platón sobre o filósofo Sócrates. Porén, a frase non aparece en ningún texto do grego antigo que se conserve.Fine (2008), p. 51

O dito tamén está relacionado cunha resposta oracular da pitonisa de Delfos, Pitia, que á pregunta de Querefonte: «Quen é o home máis sabio da Grecia?», o oráculo respondeu: «Sócrates».Platón, Apoloxia de Sòcrates , 21a

En Platón A frase, esta, frecuentemente atribuída á obra Apoloxía de Sócrates, de Platón. Nesta obra, Sócrates explica como se enfrontou en debate cos homes considerados como sabios do seu tempo, para atopar un que fose máis sabio ca el, xa que non cría a resposta que a pitonisa lle dera a Querofonte. Despois de falar con todos eles, Sócrates decatouse de que era máis sabio ca eles, non porque soubese máis verdades que os demais, senón porque, a diferenza deles, non pretendía saber o que non sabía. Isto resúmese nesta pasaxe.

A imprecisión da paráfrase como só sei que nada sei deriva do feito do autor non estar a dicir que el nada sabe, mais si que non pode saber nada con absoluta certeza, mais pode se sentir confiante acerca de certas cousas.Stokes (1997), p. 18 Ademais, autores como Gail Fine, Thomas Brickhouse e Nicholas Smith e Gregory Vlastos salientan, cada un dende a súa propia perspectiva e coas súas diferenzas, que «só sei que non sei nada» non sería realmente un paradoxo, xa que habería unha distinción entre o que Sócrates denominaría coñecemento ou sabedoría, existindo unha diferenza no nivel epistémico, entre un coñecemento superior e máis completo e outro inferior relacionado coa vida cotiá.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Efecto Dunning-Kruger Maiéutica Escepticismo Epistemoloxía

Categoría:Filosofía da Grecia Antiga