Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.

Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego. As súas cancións están cheas de retranca e unha grande esencia da música urbana.

Segundo Bernal Muíños:

Discografía ÁlbumAnoSeloNotas(Maqueta)2016autoeditadomaquetaVella Canción Galega2018La MelonaEPNova Canción Galega2019La MelonaOs dous de sempre2020MushroompillowEP RANAEIRA2022MushroompillowOs meus peidos cheiran a pétalos perfumados2023Ernie RecordsFoliada do infernoCara A: "A resposta" / "Bo chaval" / "Comida, viño e cancións" / "Que che den polo cu" / "Todo me sabe a ti" / "Fóra da lei"Cara B: "Doimakarra" / "Porralume" / "Italofeira" / "Foliada do inferno" / "Rayo solar"2024Ernie RecordsEP

Notas

Categoría:Grupos musicais de Santiago de Compostela Categoría:Grupos musicais formados en 2016 Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Grupos musicais de hip hop alternativo