María Alicia Crespí González, nada en Pontevedra o 24 de outubro de 1922 e finada en Madrid o 31 de maio de 2012, foi unha científica e profesora galega, a primeira catedrática dunha escola superior en España.Marili Crespí, la última benefactora del MuseoGonzález e Núñez (2018)
Traxectoria
Neta de Antonio Crespí Más, secretario do Instituto de Pontevedra, por parte paterna e de Avelina Pérez Vázquez por parte materna. Estudou no colexio das Doroteas. Iniciou a carreira de químicas na Universidade de Santiago de Compostela e rematou en Madrid, onde tamén fixo o doutoramento. Foi catedrática de electrotecnia, luminotecnia e técnicas de acondicionamento e acústica na ETS de Arquitectura de Madrid, investigadora na Junta de Energía Nuclear e catedrática de materias primas da Escola de Comercio de Cidade Real.
Vida persoal
Casou con Ángel González Ferrero. Legou ao Museo de Pontevedra 840.000 euros e unha colección de arte.Una pontevedresa lega 3,4 millones de euros a cuatro instituciones Notas
Véxase tamén
Bibliografía
González de León, I. e Núñez Valdés, J. (2018). "Mujeres pioneras de la arquitectura española". Investigación y género. Reflexiones desde la investigación para avanzar en igualdad : VII Congreso Universitario Internacional Investigación y Género. Universidad de Sevilla. ISBN 978-84-948975-3-5.
Outros artigos
Historia das mulleres na enxeñería.
Ligazóns externas Una pionera en la investigación y en la enseñanza Alicia Crespí González na páxina web Do gris ao violeta
Categoría:Científicos de Galicia
Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes