Vicente Vázquez Vidal, nado en Melide o 10 de maio de 1992, é un profesor e poeta galego.
Traxectoria Licenciado en Linguas e Literaturas modernas pola Universidade de Santiago, especializouse no estudo da literatura e ten traballado sobre Hannah Arendt ou Karl Jaspers. Traballou como profesor de español en Lión entre 2015 e 2018, ano en que se trasladou a vivir a Lugo. En 2019 trasladouse a Arcansas cunha bolsa Fulbright a aprenderlles español e escritura creativa e en 2020 foi vivir a Nancy para dar clase de español na Universidade da Lorena.
Na actualidade é docente en Melide.
Obra Poesía Ani(vers)ario (Micromundos, 2017) (Accésit do Certame de poesía Francisco Añón 2015). Os afluentes (Tulipa, 2018) (edición bilingüe, con tradución ao francés). Poesía Galega Novísima (Urutau, 2020). Antoloxía. O conto da leiteira (Caldeirón, 2025). Gañador do Certame de poesía Francisco Añón 2024.
Narrativa Profundo sen nomeO título orixinal da primeira edición figura, en galego, como Profundo sen nombre. (2024), relato en edición bilingüe en galego e portugués. Gañador do Premio Literario Nortear.
Tradución Sobrevivir na era da incerteza, de Rosendo Cid (Tulipa, 2021). Premios No 2023 gañou a 9ª edición do Premio Literario Nortear para a mocidade escritora da Eurorrexión co relato “Profundo sen nome”. En 2024 gañou o Certame de poesía Francisco Añón con O conto da leiteira.O premio Francisco Añón viaxa a Melide, pero distingue tres novas plumas de Muros Notas
Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Melide Categoría:Tradutores de Galicia