Esta é unha lista sobre os accidentes aéreos que aconteceron durante o 2018.

Accidentes aéreos por países PaísNúm. de mortos totaisTot. de feridos totaisTot. de desaparecidos 257001890077007100510020007035005001101150

Accidentes aéreos por mes

Xaneiro

5 de xaneiro : Un accidente aéreo provocado pola caída dun globo aerostático ao oeste da cidade antiga de Luxor, deixa unha turista surafricana morta e outros 15 turistas feridos.

16 de xaneiro : Un helicóptero que estaba facendo a ruta Caucasia cara Segovia caeu e deixou polo menos 7 persoas mortas e búscase a 3 persoas desaparecidas.

29 de xaneiro : Unha avioneta estrelouse no concello gaditano de Villamartín, preto do río Guadalete e da estrada de Higuerones, deixa 1 morto e un ferido grave.

Febreiro

2 de febreiro : Un accidente entre dous helicópteros da armada francesa ocorreu a 40 quilómetros ao norte de Saint-Tropez, deixando 5 mortos.

12 de febreiro : Un avión modelo Antonov AN-148 da aeroliña Saratov estrelouse preto de Moscova, deixando un total de 71 persoas mortas. O avión despegara do aeroporto de Domodédovo.

18 de febreiro : Un avión modelo ATR 72 da compañía iraniana Aseman Airlines estrelase mentres estaba facendo a ruta Teherán a Yasuj, falecendo as 66 persoas que voaban no avión.

Marzo

12 de marzo : Un helicóptero modelo Eurocopter AS350 dunha compañía que realiza voos turísticos estrelouse contra as augas do río que baña Manhattan, deixando 5 persoas falecidas e 1 supervivente, concretamente o piloto. : Un avión modelo Bombardier Challenger 604 da compañía Basaron Holding que facía a ruta dende os Emiratos Árabes Unidos a Istanbul, estrelándose nunha zona montañosa do suroeste de Irán, falecendo as 11 persoas que estaban no avión. : Un avión modelo DHC-8-400 da compañía US-Bangla Airlines estrelase no Aeroporto Katmandú-Tribhuvan deixando 51 persoas mortas e 20 superviventes.

Abril

11 de abril : Un avión modelo Ilyushin Il-76TD, operado pola Forza Aérea de Alxeria, estrelouse preto do Aeroporto de Boufarik, pouco despois de engalar do mesmo aeroporto. O accidente provocou que as 257 persoas que estaban no avión falecesen, converténdose no accidente aéreo con máis falecidos de Alxeria.

Agosto

4 de agosto : Un avión da empresa Junkers modelo Ju-52/3mg4e operado pola aeroliña Ju-Air estrelouse a 1'2 quilómetros de Piz Segnas, falecendo as 20 persoas que viaxaban no avión, mentres engalara da Base Aérea de Locarno e que tiña como destino a Base Aérea de Dübendorf.

Setembro

9 de setembro : Un avión Let L-410UVP con 22 persoas a bordo, operado por Baby Airlines estrelouse no lago Yirol, preto do seu destino, o aeroporto de Yirol. Engalou no Aeroporto de Juba. O saldo total de vítimas mortais ascende a 19.

Outubro

29 de outubro : Un avión modelo Boeing 737 MAX 8 da aeroliña Lion Air, esnafrouse contra o mar, a 13 quilómetros ao Norte de Tanjung Bungin mentres realizaba o voo dende o Aeroporto Internacional de Soekarno-Hatta en Iacarta ao Aeroporto Pangkal Pinang. Transportaba un total de 189 persoas, que faleceron cando chocaron contra a auga.

Notas