Pietro ApelianTamén Pierre Apelian. (en ; en ), nado o 31 de xullo de 1806 en Angora e finado o 2 de setembro de 1875, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Maraş, e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.

Traxectoria Naceu o 31 de xullo de 1806 en Angora, e en 1824 entrou no seminario patriarcal de Bsumar, onde estudou baixo a dirección do arcebispo de Cesarea, o futuro patriarca Gregorio Pedro VIII.Outras fontes dan datas de nacemento diferentes: en ; en . En 1832 foi ordenado sacerdote, e entrou no Instituto do Clero Patriarcal de Bsumar, congregación relixiosa misioneira ao servizo do patriarca. Exerceu entón como confesor do seminario e secretario dos patriarcas Gregorio Pedro VI e Xacobe Pedro VII.

O 20 de maio de 1842 foi nomeado bispo de Maraş, e o 31 de xullo foi consagrado bispo por Xacobe Pedro VII. Porén, o seu cargo foi inicialmente titular, xa que permaneceu no patriarcado como vigairo xeral, até que en 1859 trasladouse á súa diocese. Levou a cabo unha intensa labor misioneira entre os armenios gregorianos, co apoio do seu instituto relixioso, o que produciu un aumento importante do número de fieis, mais tamén a inimizade dos gregorianos, que atentaron sen éxito contra a súa vida por dúas veces.

Dende un punto de vista eclesiolóxico inclinábase por tendencias máis centralistas na Igrexa católica, e non apoiou os esforzos do patriarca Gregorio Pedro VIII de afirmar a función patriarcal. Aínda que Apelian subscribiu as actas do sínodo de Bsumar, xunto a Ignace Kalibgian advertiu a Propaganda Fide sobre a obra patriarcal, que consideraba que excedía a tradición católica.

En 1867, con ocasión das festas polo décimo oitavo centenario do martirio de San Pedro e San Paulo, o papa Pío IX nomeouno asistente ao trono pontificio.

Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro; a congregación xeral do 13 de maio de 1870 aprobou a súa petición de ausencia a perpetuidade do mesmo a partir de entón.

Finou no cargo o 2 de setembro de 1875.

Notas

Categoría:Nados en 1806 Categoría:Nados en Ankara Categoría:Finados en 1875 Categoría:Bispos católicos de Turquía Categoría:Arcebispos da Igrexa católica armenia Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Primeiro Categoría:Membros do Instituto do Clero Patriarcal de Bsumar Categoría:Relixiosos católicos de Turquía