Halothiobacillus é un xénero de Gammaproteobacteria. Comprende dúas especies aerobias obrigadas que necesitan oxíxeno para vivir. Son tamén halotolerantes e viven en ambientes con altas concentracións de sal ou outros solutos, pero non os precisan para crecer.

A especie tipo deste xénero, Halothiobacillus neapolitanus, era antes clasificada dentro do xénero Thiobacillus, pero foi reclasificada en 2000.Kelly, D.P., and Wood, A.P. "Reclassification of some species of Thiobacillus to the newly designated genera Acidithiobacillus gen. nov., Halothiobacillus gen. nov. and Thermithiobacillus gen. nov." Int. J. Syst. Evol. Microbiol. (2000) 50:489-500. Outras dúas especies que antes tamén estaban en Thiobacillus foron reclasificadas inicialmente como Halothiobacillus halophilus e Halothiobacillus hydrothermalis; porén, ambas as dúas eran halófilos obrigados en lugar de ser halotolerantes e presentaban unha comparativamente baixa identidade no xene de ARNr 16S con Halothiobacillus neapolitanus, o que fixo que fosen de novo reclasificadas no xénero de nova designación Guyparkeria en 2017, cos nomes Guyparkeria halophila e Guyparkeria hydrothermalis.

Importacia ambiental Halothiobacillus é un xénero de bacterias, cuxas especies, xunto con outros organismos quimiolitoautótrofos, xogan un importante papel nos ciclos do carbono e do xofre globais. Teñen a capacidade de vivir dependendo só de fontes de compostos inorgánicos (CO2 e xofre reducido) para cubrir as súas necesidades de carbono e enerxía, pero poden asimilar algúns intermediarios do ciclo de Krebs durante o seu crecemento autótrofo.

Especies Halothiobacillus kellyi Halothiobacillus neapolitanus (basónimo: Thiobacillus neapolitanus), cuxa cepa tipo é a ParkerXT, illada dos sumidoiros de Melbourne, Australia por Cecil David 'Guy' Parker na década de 1940; esta cepa é agora un organismo modelo común para investigar a autotrofia, especialmente no estudo dos carboxisomas e o seu papel na concentración de carbono e mantemento da eficacia do encima RuBisCO durante o crecemento autótrofo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina xenónica do Halothiobacillus neapolitanus c2 no Joint Genome Institute

Categoría:Chromatiales