Laura Romero Pereira, nada en Alacant en 1991, é unha debuxante e música galega."O galego, a miña lingua propia" Deputación da Coruña.
Dende 2016 é a baixista do grupo Zënzar.
Traxectoria Naceu en Alacant e instalouse en Ordes aos oito anos. Estudou Belas Artes na Universidade de Salamanca na especialidade de pintura. Iniciouse no debuxo urbano e participou no festival Portamérica.
Dedicada tamén á música, en febreiro de 2016 entrou como baixista no grupo Zënzar, substituíndo ao enfermo Tabe, que faleceu pouco despois.
Co proxecto Músicas Galegas Ilustradas formou parte de O galego, a miña lingua propia da Deputación da Coruña e foi finalista en 2018 nos Premios Martín Codax da Música na categoría de mellor medio de comunicación. Tras ser finalista tamén en 2019, gañou finalmente o premio en 2020. Preside a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.
Obra
A culpa foi de Zënzar (2024). Autoedición. 346 páxs. ISBN 978-84-09-66837-3. Historia da banda de música do mesmo nome.
Ilustración
Ferreñas & Rock'n'roll. Anedoctario sobre músicas galegas. Crónica ilustrada das nosas múiscas máis senlleiras, con Iria Pedreira (2019). Baía Ed. 84 páxs. ISBN 9788499953304. Hermilindo esbirra poemas, de Paula Señarís (2023). Galaxia. Milú e o edificio das persoas extraordinarias, de Abel Tomé (2024). Edicións Xerais.
Recoñecementos Premio Martín Codax de 2020 na categoría de comunicación e difusión musical. Primeiro premio do encontro Compostela Ilustrada en 2018.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web Páxina de Músicas Galegas Ilustradas Entrevista na CRTVG Premio Compostela Ilustrada
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Alacant Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca