Jonathan "Jonah" Nolan, nado en Londres o 6 de xuño de 1976, é un guionista, produtor de televisión, director e autor británico-estadounidense. É o creador da serie da CBS Person of Interest (2011–2016) e cocreador da serie de ciencia ficción da HBO Westworld (2016–presente).
Nolan colaborou en diversos filmes co seu irmán, o director Christopher Nolan, que adaptou a historia curta de Jonathan "Memento Mori" no filme neo-noir Memento (2000). Os dous irmáns escribiron xuntos o guión do suspense O prestixio (2006), o filme de superheroes O cabaleiro escuro (2008) e O cabaleiro escuro: a lenda renace (2012), ademais do filme de ciencia ficción Interstellar (2014).
Nolan foi nomeado ó Oscar ó mellor guión orixinal por Memento, e ós Premios Primetime Emmy ó mellor guión e mellor dirección dunha serie dramática por Westworld, entre outros galardóns.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Londres Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Ingleses de ascendencia estadounidense