Manuel del Río Candamo foi un xornalista e historiador galego. Traxectoria Colaborou en La Golondrina e Mi Tierra, do que foi administrador. Marchou a Arxentina onde foi directivo da Casa Galicia de Buenos Aires e foi premiado nos xogos florais de 1920 polo seu traballo "El Arte de Galicia".Vida Gallega, 5-2-1921, p. 16. Retornou en 1923 para volver marchar ese mesmo ano. Foi director de Galicia Nueva en 1929, onde publicou "Notas para la historia de Villagarcía". Tamén colaborou en Acción Gallega.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Notas para la historia de Villagarcía por Manuel del Río Candamo
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido