A vía láctea (en ) é un filme francés de 1969 do director aragonés Luis Buñuel, ambientado no Camiño de Santiago. Está protagonizado por Laurent Terzieff, Paul Frankeur, Delphine Seyrig, Georges Marchal e Michel Piccoli. Buñuel considerou A vía láctea a primeira parte dunha triloxía (xunto con O discreto engado da burguesía e A pantasma da liberdade) sobre "a busca da verdade."

Mestura simbolismos do catolicismo e o comunismo cunha estética surrealista e unha narrativa cinematográfica non linear, nunha visión persoal da herexía cristiá dende a época romana e a través do relato de dous peregrinos que atravesan Francia e España percorrendo o Camiño.Buñuel, Luis. My Last Sigh. Trans. Abigail Israel. Minneapolis: University of Minnesota Press, 2003. . page 245.

Estreouse en galego o 18 de febreiro de 1989 a través da TVG.La Voz de Galicia, 3 de agosto de 1991. Páx. 55

Argumento Dous aventureiros franceses, dende as aforas de París, deciden ir en peregrinación a Santiago de Compostela, mais non pola peregrinación senón coa intención de roubar a algúns peregrinos. Durante a viaxe coñecen numerosas personaxes e viven situacións estreitamente vinculadas ás crenzas relixiosas.

Elenco Paul Frankeur como Pierre. Laurent Terzieff como Jean. Delphine Seyrig como a prostituta. Édith Scob como a Virxe María. Bernard Verley como Xesucristo. Georges Marchal como o xesuíta. Pierre Clémenti como o Anxo da Morte. Julien Guiomar como o cura. Julien Bertheau como M. Richard. Alain Cuny como o home con capa. Michel Piccoli como o Marqués de Sade.

Notas

Categoría:Filmes de 1969 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Alemaña do Oeste Categoría:Filmes dirixidos por Luis Buñuel Categoría:Filmes rodados en Francia Categoría:Filmes rodados en Santiago de Compostela Categoría:Filmes de 1969 con versión en galego