Flavio Vetranio Augusto, tamén denominado Vetranión, ou de xeito incorrecto Vetranio ou Vetriano, foi un militar romano que se converteu en emperador romano no 350, e morreu no 356. Pertenceu ao grupo de emperadores que se catalogan como "usurpadores do trono imperial".
Traxectoria Vetranión, naceu na provincia romana de Mesia (actual Serbia)Gibbon (1932), p. 589, nota 75 nalgún momento do século III. Descoñecese a súa vida até que, de moi novo, se alistou no exército, onde debeu destacar porque, sen ter educación nin relacións importantes,Bendle (2024), p. 38. ascendeu rapidamente até ser nomeado, polo emperador Constante, magister militum e posteriormente, gobernador de Iliria onde estivo durante moito tempo.
Durante a diarquía de Constante e Constancio II (augustos ou emperadores da parte occidental e oriental do imperio, respectivamente), Vetranio estaba ao mando das lexións de Iliria e Panonia, cando no 350 Constante foi derrotado e o trono usurpado por Magnencio que se proclamou emperador de Occidente. Aínda que o seu primeiro impulso foi o de escribir a Constancio II para lle garanti-la súa fidelidade e pedir permiso para perseguir e castigar aos rebeldes, foi convencido por Constantina, a irmá máis vella de Constancio e filla de Constantino I, o Grande, para que se proclamara emperador.Bajo (1990). p. 26 Probablemente pensaba que Vetranión, considerado un oficial prudente e reputado, podía protexela a ela e a súa familia contra o usurpador mentres Constancio estaba en campaña contra os persas; aínda que autores como Gibbon atribúen a súa ambición a un plan preconcibido.Gibbon (1932), p. 589 Finalmente, aceptou a púrpura a comezos de marzo de 350 en Sirmium, polo que é considerado un usurpadorSayas & Abad (2013). e, de seguido, cuñou moedas co seu nome e o título de Augusto en lugar do de César. De tódolos xeitos, mandou recado a Constancio de que se subordinaba á súa obediencia.Martínez del Romero (1843), p. 44 Constancio que estaba en campaña contra os persas e desexaba recobrar a zona occidental en mans de Magnencio, non tivo máis remedio que acepta-la situaciónFerreras (1725), p. 272 e finxiu crer no seu apoio e mandoulle recursos e un diadema. En realidade, a verdadeira importancia da súa pretensión ao poder, foi impedir que Magnencio puidera conseguir o apoio das lexións que estaban nos Balcáns e que apoiaron a Vetranión.Collins (2000), p. 63
A situación complicouse cando Vetranión se uniu a Magnencio e acordaron ofrecer a Constancio unha triarquía a condición do recoñecemento deles dous como augustos, do seu dominio das provincias occidentais e de que deixara as armas. Mais cando Constancio rematou a campaña, foise contra eles, rexeitou as condicións de Magnencio e acordou unha conferencia con Vetranión o 25 de decembro, preto de Serdika (na Mesia superior) para intentar atraelo ao seu bando. Alí, Vetranión, decidiu abdicar do poder que exercera durante pouco menos de dez meses a favor de Constancio,Bajo (1990), p. 27 que o tratou con gran consideración e permitiu que se retirara a Prusa ad Olimpum (actual Bursa, Turquía) en Bitinia,Martínez del Romero (1843), p. 46 onde pasou o resto da súa vida, en tranquilidade e profesando a relixión cristiá da que era adepto. Morreu en 356. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lista de emperadores romanos
Ligazóns externas De imperatoribus Romanis (enciclopedia en liña dos emperadores romanos), (en inglés) Acuñacións de Vetranión (en inglés)
Categoría:Emperadores romanos Categoría:Usurpadores romanos do século IV Categoría:Finados en 356