A caixa (en ) é un filme traxicómico español estreado en 2006. Escrito e dirixido por Juan Carlos Falcón, está inspirado na novela de Víctor Ramírez Nos dejaron el muerto, ambientada nas Illas Canarias durante a década de 1960.
Estreouse en galego a través da TVG.
Sinopse Nunha vila mariñeira das Canarias, o odiado don Lucio morre de súpeto e a súa viúva, Eloísa, non ten espazo na súa casa para velalo. A súa veciña Isabel será quen cargue co morto e mentres a viúva esquece os seus pesares, tódolos veciños pasarán polo velorio para axustar contas pendentes co defunto. Os acontecementos viran e prodúcense sucesos na vida destes veciños logo da morte de don Lucio.
Personaxes Ángela Molina como Eloísa Elvira Mínguez como Isabel Antonia San Juan como Benigna Vladimir Cruz como Jorge María Galiana como dona Josefa Manuel Manquiña como Jerónimo Joan Dalmau como Ignacio Jordi Dauder como Viviano Mª del Carmen Sánchez como Leonora Petite Lorena como Concha Miguel Mota como Metodio Borja González como neno Víctor Rogério Samora como Gabriel José Manuel Cervino como Funerario
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes ambientados nas Illas Canarias Categoría:Filmes de 2006 con versión en galego