Liliana Cavani, nada en Carpi o 12 de xaneiro de 1933, Esta páxina emprega o certificado de nacemento de Cavani como fonte de información. é unha directora e guionista italiana. Pertence a unha xeración de cineastas italianos da Emilia-Romagna que acadou o éxito na década de 1970, como Bernardo Bertolucci, Pier Paolo Pasolini e Marco Bellocchio. Os seus filmes adoitan ser intelectuais e ter preocupacións históricas.Brunetta, The History of Italian Cinema, páx. 227 Ademais de filmes e documentais tamén dirixiu óperas.

Traxectoria Cavani naceu en Carpi, preto de Módena na provincia de Emilia-Romaña.Marrone, The Gaze and the Labyrinth, p. 3 O pai de Cavani, arquitecto de Mantua, pertencía a unha familia conservadora burguesa de terratenentes. "O meu pai era un arquitecto interesado no desenvolvemento urbano. Levábame a museos. Traballou no planeamento urbano de Bagdad en 1956, cando Iraq estaba aínda baixo o control británico. A miña nai era moi forte, moi capaz e moi doce", explicou Cavani nunha entrevista. A súa nai sentía paixón polos filmes e levábaa ao cinema todos os domingos dende moi nova. Pola parte da súa nai proviña dunha familia de clase obreira de militantes antifascistas. O seu avó materno, sindicalista, introduciuna nas obras de Engels, Marx e Bakunin.Marrone, The Gaze and the Labyrinth, páx. 4

Graduouse en literatura e filoloxía na universidade de Boloña en 1960, escribindo unha disertación sobre o nobre e poeta do século XV Marsilio Pio. Intentou converterse en arqueóloga, profesión que axiña abandonou para perseguir a súa paixón polo cinema. Asistiu ao recoñecido "Centro Sperimentale di Cinematografia" de Roma, inaugurado por Benito Mussolini antes da segunda guerra mundial. Estudou realización de documentais e obtivo o seu diploma coa curtametraxe Incontro notturno (1961).

Cavani foi recoñecida internacionalmente polo éxito do seu filme de 1974 O porteiro de noite.

Cavani vive en Roma.O'Healy, Encyclopedia of Italian Literary Studies, páx. 427 A súa localidade natal, Carpi, estableceu a Associazione Fondo Liliana Cavani, onde os seus filmes se conservan e están dispoñibles para consulta.

Filmografía Directora Francesco d'Assisi (1966) (telefilme) Galileo (1968) I cannibali (1970) L'ospite (1972) Milarepa (1973) O porteiro de noite (1974) Máis aló do ben e do mal (1977) A pel (1981) Oltre la porta (1982) The Berlin Affair (1985) Francesco (1989) La traviata (1990) (telefilme) Dove siete? Io sono qui (1993) Cavalleria rusticana (1996) (telefilme) Manon Lescaut (1998) (telefilme) Ripley's Game (2002) De Gasperi, l'uomo della speranza (2005) (telefilme) Einstein (2008) (telefilme) Mai per amore - Troppo amore (2012) (telefilme) Francesco (2014) (telefilme)

Curtametraxes e cocumentais 1961 - Incontro di notte 1961 - La vita militare (documental) 1961 - Gente di teatro (documental) 1962 - L'uomo della burocrazia (documental) 1962 - Assalto al consumatore (documental) 1962 - La battaglia 1963/4 - Storia del Terzo Reich (documental) 1964 - Età di Stalin (documental) 1964/65 - La casa in Italia (documental) 1965 - Gesù mio fratello (documental) 1965 - Il giorno della pace (documental) 1965 - La donna nella Resistenza (documental) 1965 - Philippe Pètain. Processo a Vichy (documental) 2012 - Clarisse (documental)

Notas

Véxase tamén Bibliografía Armstrong, Richard; Charity, Tom; Hughes, Lloyd; Winter, Jessica. The Rough Guide to Film, Rough Guides, 2007; Bruneta, Gian Piero. The History of Italian Cinema: A Guide to Italian films from its origins to the twenty first century. Princeton University Press, 2011; Bonadella, Peter. Italian Cinema: from the Neorealism to the present. Continuum New York, 1988; Marrone, Gaetana. The Gaze and the Labyrinth: the Cinema of Liliana Cavani. Princenton Paperbacks, 2000;

Categoría:Nados na provincia de Módena Categoría:Nados en 1933 Categoría:Directores de cinema de Italia Categoría:Guionistas de Italia Categoría:Directores de ópera Categoría:Directores de televisión