miniatura|300px|Células con inmunotinguido observadas con microscopio confocal. A citómica é o estudo da bioloxía celular (citoloxía) e bioquímica en sistemas celulares a nivel dunha soa célula. Combina todos os coñecementos bioinformáticos para intentar comprender a arquitectura molecular e funcionalidade do sistema celular (citoma). Gran parte disto conséguese usando técnicas moleculares e de microscopia que permiten visualizar os diversos compoñentes dunha célula a medida que interaccionan in vivo.
Citoma
Os citomas son sistemas celulares, subsistemas e compoñentes funcionais do corpo. O citoma é o conxunto dos procesos dinámicos complexos (estrutura e función) que subxacen nos procesos fisiolóxicos. Describe a heteroxeneidade estrutural e funcional da diversidade celular dun organismo.
Proxecto Citoma Humano
O Proxecto Xenoma Humano ten como obxectivo o estudo da estrutura e funcionamento do sistema biolóxico dun organismo a nivel de citoma.Valet G., Predictive medicine by cytomics and the challenges of a human cytome project, Business Briefing: Future Drug Discovery 2004, Ed: E Cooper, World Markets Research Center Ltd, Londres, 2004; 46-51.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Citometría de fluxo Xenómica Ómica Proteómica Lipidómica Metabolómica
Further reading Bernas T., Gregori G., Asem E. K., Robinson J. P., Integrating cytomics and proteomics, Mol Cell Proteomics. 2006 Jan;5(1):2-13. Herrera G., Diaz L., Martínez-Romero A., Gomes A., Villamon E., Callaghan R. C., O'connor J. E., Cytomics: A multiparametric, dynamic approach to cell research, Toxicol In Vitro. 2006 Jul 22. Kriete A., Cytomics in the realm of systems biology, Cytometry A. 2005 Nov;68(1):19-20. Murphy R. F., Cytomics and location proteomics: automated interpretation of subcellular patterns in fluorescence microscope images, Cytometry A. 2005 Sep;67(1):1-3. Schubert W., Cytomics in characterizing toponomes: towards the biological code of the cell, Cytometry A. 2006 Apr;69(4):209-11. Van Osta P., Ver Donck K., Bols L., Geysen J., Cytomics and drug discovery., Cytometry A. 2006 Mar;69(3):117-8.
Categoría:Bioloxía celular