Benito Bernardino González de Rivadabia, nado en Monforte de Lemos o 7 de febreiro de 1747 e finado en Buenos Aires o 28 de setembro de 1816"Benito Rivadavia", foi un avogado e militar galego emigrado na Arxentina e pai do presidente da nación, primeiro xefe de estado das Provincias Unidas do Río da Prata, Bernardino Rivadavia.
Traxectoria Estuda xurisprudencia e teoloxía na Universidade de Charcas ao chegar a Arxentina, apoiado polo seu tío José de Rivadavia, para posteriormente exercer no Río da Prata como avogado en diferentes cargos públicos. O 18 de marzo de 1776 casa con María Josefa de Jesús de Rivadavia y Rivadeneyra, súa curmá, na cidade de Buenos Aires
Tras exercer como xuíz de bens de defuntos, rexedor, depositario xeral, tesoureiro diocesano e asesor do gobernador interino enrolouse como alumno da Escola de Náutica, onde se diploma en 1802. Posteriormente destina parte da súa fortuna á industria navieira. Foi dono de barcos mercantes, pero os asaltos piratas do porto de Montevideo causáronlle o roubo de catro dos navíos, momento no que abandona ese empeño empresarial. A cidade patagoa de Comodoro Rivadavia debe o seu nome ás exploracións náuticas do bisneto de Benito, Martín Rivadavia. Durante as invasións inglesas de 1806 e 1807, colabora como mando militar no Tercio de Gallegos así como cos seus bens e influencias na resistencia."Benito Rivadavia" Como monárquico e conservador vese envolto nos eventos conducentes á Revolución de Maio onde defendeu a deposición por parte do pobo do Vicerrei Sobremonte con base nas leis de partida de Afonso X o Sabio. Sostivo que o pobo podía tomar as medidas que crese conveniente para a súa defensa, en momentos nos que corría risco inminente a súa conservación."Benito Rivadavia"
No ano 1806 popularízase no país o seu preito contra os irmáns Gabriel e José Gascón, tenentes do exército prometidos as súas fillas, cos que tras un desacordo despois do compromiso conduce a Benito Rivadavia a recluír ás fillas no domicilio familiar e posteriormente nunha casa de exercicios relixiosos sen contacto posíbel cos Gascón. O avogado galego esgrime no xuízo o dereito de patria potestade sobre as súas fillas adultas.
Notas
Categoría:Avogados de Monforte de Lemos Categoría:Militares de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1747 Categoría:Finados en 1816 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos