Julio Vázquez Ruiz é un político e empresario galego.
Traxectoria Julio Vázquez foi presidente do Club Ourense Baloncesto entre os anos 2003 e 2007. Naquela altura o club estaba a piques de desaparecer. Con Vázquez na presidencia o club descendeu a LEB Prata (daquela chamada Leb 2). Dimitiu en 2007, e foi relevado por Alfonso Juanes, se ben continuou vinculado ao club e ocupou distintos postos na súa directiva.
Cando se formou a xestora local da formación ultradereitista Vox na cidade de Ourense, a finais de 2018, Julio Vázquez pasou a ser o seu líder. En abril de 2019 foi expulsado como militante de Vox, abandonando a súa responsabilidade como presidente da xestora local.
Notas
Categoría:Políticos de Vox Categoría:Nados en ano descoñecido