O voo 4509 de China Southwest Airlines era un servizo doméstico dende o aeroporto de Chengdu-Shuangliu, en Sichuan ata o aeroporto de Wenzhou-Yongqiang, en Zhejiang. O 24 de febreiro de 1999 o Tupolev Tu-154M que operaba a ruta esnafrouse mentres se aproximaba ao aeroporto de Wenzhou, matando aos 61 pasaxeiros e tripulantes a bordo.
Avión O avión era un Tupolev Tu-154M construído en 1990, con número de serie 90A-846 e equipado con tres motores Soloviev D-30. Inicialmente foi rexistrado na Unión Soviética como CCCP-85846. Foi entregado á Administración da Aviación Civil da China (CAAC) en abril dese ano e rexistrado como B-2622.
Tripulación A tripulación de voo estaba formada polo capitán Yao Fuchen, o primeiro oficial Xue Mao, o navegador Lan Zhangfenge o enxeñeiro de voo Guo Shuming. Había tamén sete asistentes de voo a bordo.
Accidente O 24 de febreiro de 1999 a tripulación estaba preparándose para aterrar no aeroporto de Wenzhou. Os flaps estaban estendidos aos 1 000 metros, pero segundos despois o nariz do avión baixou abruptamente, o aparello desintegrouse no aire e esnafrouse nunha zona de terreo alto estoupando. Varias persoas en terra resultaron feridas polos cascallos. Os 61 ocupantes do avión morreron.
Notas
China Southwest Airlines Categoría:Accidentes e incidentes de China Southwest Airlines China Southwest Airlines China Southwest Airlines