O voo 507 de Kenya Airways era un servizo regular de pasaxeiros entre Abidjan e Nairobi cunha escala en Douala, operado por un Boeing 737-800, que se esnafrou na estapa inicial da súa segunda parte o día 5 de maio de 2007, xusto despois de engalar do aeroporto de Douala no Camerún.

O aparello quedou esnaquizado en pequenas partes e gran parte del quedou mergullado nun mangleiro, a 5,4 quilómetros ao sur do final da pista 12 do aeroporto de Douala. Non houbo superviventes. A investigación realizada pola Autoridade de Aviación Civil do Camerún determinou que os pilotos fallaron en decatarse e corrixir a excesiva inclinación tras a engalaxe. Isto levou á perda de control e ao accidente do avión.

Avión O aparello involucrado no accidente, con rexistro 5Y-KYA e número de serie 35069, era un Boeing 737-8AL equipado con dous motores CFMI CFM56-7B26. O avión voou por vez primeira o 9 de outubro de 2006, e foi entregado a Kenya Airways o 27 de outubro. A aeronave tiña seis meses de idade no momento do accidente. Era un dos tres Boeing 737-800 que a aeroliña adquirira recentemente de Singapore Aircraft Leasing Enterprise.

Pasaxeiros e tripulación Kenya Airways revelou unha lista de pasaxeiros que indicaba que os 105 pasaxeiros a bordo eran cidadáns de 26 países diferentes. 17 pasaxeiros embarcaran en Abidjan, mentres que o resto o fixera en Douala.

Os seus membros da tripulación eran todos de Kenya. Entre os pasaxeiros había tamén un enxeñeiro de acompañamento e un asistente de voo que viaxaba gratis.

O piloto ao mando era o capitán de 52 anos Francis Wamwea Mbatia, que tiña unhas 8 500 horas de voo en reactores, e o copiloto era o primeiro oficial de 23 anos Andrew Kiuru.

Entre os pasaxeiros a bordo atopábase Anthony Mitchell, un xornalista de Associated Press baseado en Kenya.

Notas

Kenya Airways 0507 Kenya Airways Kenya Airways