O voo 902 de Korean Air Lines era un servizo regular dende a París a Seúl cunha escala en Anchorage. O 20 de abril de 1978 a defensa aérea soviética derrubou o avión que operaba a ruta, un Boeing 707, preto de Murmansk, na Unión Soviética, despois de que o aparello violase o espazo aéreo soviético."The Worst, But Not The First." Time 122.11 (1983)"The Mystery Of Flight 902 Why Did A South Korean Jet Make a 180° Turn over the Arctic?." Time 111.18 (1978): 35
O voo 902 desviárase do seu curso sobre o Ártico e entrou no espazo aéreo soviético preto da península de Kola, despois do cal foi interceptado e disparado por un avión soviético. O incidente matou dous dos 109 pasaxeiros e tripulantes a bordo e obrigou o avión a realizar unha aterraxe de emerxencia no lago conxelado Korpiyarvi, preto da fronteira finesa.
Eventos O voo 902 saíu de París ás 13:39 hora local en dirección a Seúl. A única escala programada era en Anchorage, Alasca, onde sería reabastecido de combustible para continuar ata Seúl evitando o espazo aéreo soviético. Estaba comandado polo capitán Kim Chang Kyu, co copiloto S.D. Cha e o navegador Lee Khun Shik completando a tripulación de voo. O avión fixo comprobacións regulares de radio cando voaba cara ao noroeste, a derradeira delas cinco horas e 21 minutos despois da engalaxe, preto de CFS Alert na illa Ellesmere. A traxectoria de voo do avión ía case directamente ao polo norte magnético, causando grandes erros nos sistemas de navegación baseados nun compás magnético. A súa traxectoria cambiou entón cara ao sueste e voou sobre o mar de Barents e cara ao espazo aéreo soviético, estimándose a chegada ao espazo aéreo soviético en tres horas despois de xirar cara ao sur.
Defensa aérea soviética O radar de defensa aérea soviética detectou ao avión ás 20:54, cando o aparello estaba a uns 400 km away de augas territoriais soviéticas. Ás 21:19 o avión entrou no espazo territorial da Unión Soviética. Como a aeronave non respondeu a ningunha das chamadas dende terra, un interceptor Su-15 pilotado por Alexander Bosov, foi enviado para interceptar o avión. Tras aproximarse ao KAL902, Bosov axitou as ás do Su-15 varias veces, usando o sinal internacional para que o avión de pasaxeiros seguise ao interceptor. No seu lugar o KAL902 realizou un xiro de 90º cara a fronteira entre a Unión Soviética e Finlandia. Bosov informou do intento de fuxida do espazo aéreo soviético ao oficial ao mando da defensa aérea Vladimir Tsarkov, e este, seguindo instrucións internas, ordenou a Bosov derrubar o KAL902.
Segundo as declaracións de Kim sobre o ataque, o interceptor aproximouse ao seu avión dende o lado dereito en vez de dende o esquerdo como require a regulación da Organización de Aviación Civil Internacional (ICAO). Kim baixou a velocidade e acendeu as luces de navegación, indicando que estaba listo para seguir ao caza soviético para aterrar.
Segundo os informes soviéticos, o avión ignorou repetidamente seguir ao interceptor. O copiloto do voo 902, S.D. Cha, dixo que a tripulación intentara comunicarse por radio co interceptor, pero non recibiu resposta.
Bosov intentou convencer aos seus superiores de que o avión non era unha ameaza militar, pero tras recibir ordes de derrubalo ás 21:42 disparou un mísil R-60. O mísil pasou o obxectivo. Un segundo mísil impactou contra a á esquerda, arrincando uns catro metros. O mísil tamén perforou a fuselaxe causando unha rápida descompresión e danou un dos catro motores do aparello. O pasaxeiro coreano Bahng Tais Hwang morreu no ataque do mísil, que fería a varios pasaxeiros.
Despois de ser impactado, o avión descendeu rapidamente dunha altitude de 9 000 m (30 000 pés). O aparello entrou nunha nube, desaparecendo dos radares de defensa aérea soviéticos. Os soviéticos confundiron o anaco da á que o voo 902 perdera cun mísil de cruceiro e enviaron outro Su-15 para dispararlle. Bosov tivo que regresar á base xa que o seu Su-15 estaba baixo de combustible. Outro Su-15, pilotado por Anatoly Kerefov, aproximouse ao 707 e obrigouno a aterrar sobre a superficie xeada do lago Korpiyarvi ás 23:05.
Aterraxe de emerxencia Os informes do ocorrido entre o ataque do mísil e a aterraxe do voo 902 difiren. Segundo os medios soviéticos o avión voou a través de toda a península de Kola a baixa altitude durante 40 minutos, buscando un lugar onde aterrar. Tras varios intentos sen éxito, Kim pousou o avión no xeo do lago Korpiyarvi, na República Autónoma Socialista Soviética de Carelia, a uns 140 km da fronteira finesa. Segundo o diario dun pasaxeiro a bordo do avión, un relato apoiado por outros pasaxeiros, pasou unha hora e 40 minutos ata a aterraxe. Unhas dúas horas despois da mesma chegaron tropas soviéticas para iniciar as tarefas de rescate, tempo durante o cal o pasaxeiro xaponés Yoshitako Sugano morreu.
Fontes finesas afirmaron que a defensa aérea soviética non tiña información do paradero do avión despois de que desaparecese do radar. Porén, Tsarkov afirmou que outro piloto soviético, Anatoly Kerefov, localizara ao voo 902 e dirixiuno cara a base aérea de Afrikanda. Tsarkov dixo que Kim quedou atrás e aterrou no lago. Kerefov dixo que practicamente obrigou ao avión a aterrar no xeo do Korpiyarvi.
Notas
Korean Air Lines 0902 Korean Air Korean Air Lines