é unha película de aventuras jidaigeki do ano 1958 dirixida por Akira Kurosawa e protagonizada por Toshiro Mifune como o xeneral Makabe Rokurōta e Misa Uehara como a princesa Yuki.

Argumento Dous campesiños farrapentos, Tahei (Minoru Chiaki) e Matashichi (Kamatari Fujiwara), que escaparon tras ser capturados polo exército de Yamana e obrigados a enterrar os mortos da guerra contra o exército Akizuki, discuten polo camiño e deciden separarse mais son capturados novamente e obrigados a escavar canda outros prisioneiros na procura do ouro do castelo Akizuki.

Conseguen escapar de novo cando os prisioneiros se sublevan. Ó outro día encontran a carón dun río dúas pezas de ouro marcadas co brasón de Akizuki e á noite atópanse cun misterioso home que os leva a unha fortaleza oculta. Este home, que di ser o xeneral Makabe Rokurōta (Toshiro Mifune) do exército derrotado Akizuki, custodia o ouro perdido do castelo Akizuki. Confiando na cobiza dos campesiños polo ouro Rokurōta pretende atravesar o territorio Yamana contando coa súa axuda; tentarán chegar a Hayakawa onde o señor do territorio lles prometeu protección. Canda eles viaxará a princesa Yuki (Misa Uehara) que se fará pasar por unha moza muda para non ser descuberta. miniatura|Mapa que Tahei debuxa no chan para explicarlle a Rokurōta o plan que concibiu con Matashichi para chegar desde Akizuki a Hayakawa pasando por Yamana.

Personaxes Toshiro Mifune como o xeneral Makabe Rokurōta Minoru Chiaki como Tahei Kamatari Fujiwara como Matashichi Misa Uehara como a princesa Yuki Susumu Fujita como o xeneral Hyoe Tadokoro Toshiko Higuchi como muller vendida como escrava

Influencia George Lucas recoñeceu a influencia que tivo A fortaleza escondida na súa película A guerra das galaxias, particularmente dende a perspectiva de C-3PO e R2-D2. O argumento desenvolvido por George Lucas para A guerra das galaxias tiña inicialmente gran similitude coa trama de A fortaleza escondida.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Filmes de 1958 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Akira Kurosawa Categoría:Filmes de Toho Categoría:Filmes de samurais Categoría:Filmes de 1958 con versión en galego