Katharine Meyer Graham, nada en Nova York o 16 de xuño de 1917 e finada en Boise (Idaho) o 17 de xullo de 2001, foi unha xornalista e editora estadounidense do diario The Washington Post dende 1963 até o seu falecemento.

Traxectoria Orixes Katharine Meyer naceu en 1917 nunha familia adiñeirada de Nova York, filla de Agnes Elizabeth (de solteira Ernst) e Eugene Meyer. O seu pai era un banqueiro experto en análise de investimentos e logo, director da Reserva Federal. A súa nai era unha intelectual bohemia, amante da arte e activa politicamente no Partido Republicano, que mantiña amizade con persoeiros tan diferentes como Auguste Rodin, Marie Curie, Thomas Mann, Albert Einstein, Eleanor Roosevelt, John Dewey e Saul Alinsky. Traballou como reporteira nun momento en que o xornalismo non era unha profesión común entre as mulleres. O pai de Katharine era descendente de xudeus alsacianos e a súa nai era luterana filla de inmigrantes alemáns.Smith, J. Y. & Epstein, Noel (18 de xullo de 2001). "Katharine Graham Dies at 84." Washpostco.com, Washington Post Company website. Consultado o 18 de abril de 2012.USA Today: "Personal History" By Katharine Graham 17 de xullo de 2001 Igual que os seus catro irmáns, foi bautizada como luterana, mais asistiu á igrexa episcopal.Zweigenhaft, Richard L. and G. William Domhoff The New CEOs : Women, African American, Latino, and Asian American Leaders of Fortune 500 Companies Publicado o 18 de marzo de 2014|Publisher: Rowman & Littlefield Publishers

Primeiros anos Estudou xornalismo na Universidade de Chicago, licenciándose en 1938, e incorporouse ao xornal San Francisco News, cubrindo a sección de traballo e sindicalismo laboral. Un ano despois, ingresou en The Washington Post, periódico que o seu pai adquirira nunha poxa en 1933 cando o rotativo se atopaba en bancarrota.

En 1940 casou con Philip Graham, un novo avogado licenciado pola Universidade Harvard que axiña obtivo a confianza do seu sogro, que lle ofreceu o posto de director do xornal. Esta elección foi realizada en detrimento da súa filla ao considerar que o cargo non era o adecuado para unha muller. Katharine Graham pasou así a un segundo plano.

O matrimonio tivo catro fillos e fixéronse donos de The Washington Post en 1948, sendo xa ese rotativo unha empresa viable. Philip, ademais, adquiriu máis xornais e dúas cadeas de televisión. Tamén entrou en política dentro do equipo de John F. Kennedy. Con todo, a súa vida familiar deteriorouse cando Philip comezou a sufrir un trastorno maníaco-depresivo, con períodos alternantes de lucidez e de agresividade. Empezou a afeccionarse á bebida e a establecer relacións extraconxugais. Foi internado en hospitais varias veces, mais a súa saúde non mellorou e en 1963 suicidouse na súa casa de campo.

Presidencia de The Washington Post Katharine Graham asumiu a presidencia da empresa The Washington Post Company, calando os comentarios sexistas sobre a súa capacidade de xestión e liderado. Axiña deu mostras de fortaleza tomando decisións que converteron este xornal nun rotativo de prestixio.

En 1971, Graham decidiu publicar o estudo secreto sobre a guerra de Vietnam que elaborara o goberno. A administración Nixon fixo presión sobre a cabeceira para evitar a súa saída á luz, ameazando con retirarlles as licenzas de televisión. Con todo, Graham alegou que estes documentos non puñan en perigo a seguridade do estado e publicounos.

Un ano despois, en 1972, Katharine Graham apoiou os xornalistas Carl Bernstein e Bob Woodward no caso Watergate. Durante máis de dous anos, a empresa e ela mesma volveron enfrontarse con ameazas e presións por parte da administración Nixon. Volveron pórse as licenzas de televisión en xogo e as accións da compañía baixaron á metade do seu prezo. Non obstante, Graham resistiu e defendeu a independencia dos seus dous empregados ata que o presidente Richard Nixon dimitiu. Foi entón cando o diario foi aclamado publicamente.

A súa dedicación polo xornalismo foi completa. En 1974, a revista Ms. Magazine considerouna como a muller máis poderosa do país. Durante a folga sindical de prensa que durou 140 días en 1975, The Washington Post só deixou de imprimir unha edición. Richard Nixon comentou:

A partir de 1979, o seu fillo Donald Graham foi ocupando aos poucos o posto da súa nai na dirección do xornal.

En 1998, publicou a súa autobiografía titulada Personal History, coa que obtivo o Premio Pulitzer.

Falecemento O 14 de xullo de 2001, Graham caeu e golpeou a cabeza mentres visitaba Sun Valley, Idaho por unha celebración dunha conferencia de altos cargos directivos de medios de comunicación. Faleceu tres días máis tarde. O seu funeral celebrouse na Catedral Nacional de Washington o 23 de xullo de 2001, con asistencia de numerosos políticos e personalidades coñecidas do mundo da cultura e a comunicación estadounidense. Graham está enterrada no histórico Oak Hill Cemetery.

Vida social A casa de Katharine Graham en Martha's Vineyard converteuse en punto de referencia da vida social estadounidense e internacional. Sempre acudiron presidentes, políticos, senadores, empresarios, intelectuais, artistas e actores, entre outros.

Recoñecementos En 2000, Graham foi nomeada pola International Press Institute como unha dos 50 heroes mundiais da liberdade de prensa dos pasados 50 anos. En 2002, recibiu postumamente a Medalla Presidencial da Liberdade polo presidente George W. Bush. En 2002, foi incluída no National Women's Hall of Fame. En 2017, Meryl Streep interpretou a Graham no filme de Steven Spielberg Os arquivos do Pentágono. Streep foi candidata ao Óscar á mellor actriz polo seu traballo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Charlie Rose's interview with Katharine Graham, year-1997

Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía