Sir Terence Charles Stuart Morrison-Scott, nado en 1908 e finado en 1991, foi un zoólogo británico. Foi o Director do Museo de Ciencia (Science Museum) e do Museo de Historia Natural (British Museum of Natural History), de Londres, Inglaterra.Cranbrook, Scott, Sir Terence Charles Stuart Morrison– (1908–1991), Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press, September 2004.

Traxectoria Terence Morrison-Scott educouse no Eton College, no Christ Church de Oxford e no Royal College of Science (RCS). Remou en Eton e en Oxford, gañando o Silver Sculls (remeiro de prata) en Oxford. Graduouse no RCS en 1935 cun grao de primeira clase, e despois traballou brevemente como profesor asistente en Eton (1935–1936).

Morrison-Scott foi nomeado asistente conservador de 2ª clase no Departamento de Zooloxía do Museo de Historia Natural de Londres o 1 de outubro de 1936.

Durante a segunda guerra nundial foi membro da Royal Naval Volunteer Reserve (Real Reserva Naval de Voluntarios) e mandou unha flotilla de lanchas de desembarco durante o Día D en Normandía, gañando a Cruz de Servizo Distinguido do Reino Unido. Foi promovido a asistente conservador de 1ª clase en 1943. E chegou a ser xefe da Sección de Mamíferos en 1945 e Científico Principal en 1948. De 1956 a 1960 foi o Director do Museo de Ciencias.Directorship of the Science Museum, London: Dr. T. C. S. Morrison-Scott. Nature, Volume 177, pages 1061–1062, 9 June 1956. Máis tarde, desde 1960, foi Director do Museo de Historia Natural de Londres, até a súa xubilación o 30 de novembro de 1968.

Foi tesoureiro honorario da Zoological Society of London (1950–1976). Así mesmo, foi fideicomisario do Imperial War Museum (1956–1960), e gobernador do Imperial College of Science and Technology (1956–1972), sendo elixido Fellow en 1963.Fellows and Honorary Graduates of Imperial College , Imperial College, London, UK. Tamén foi membro do Consello do National Trust for Places of Historic Interest (Fondo Nacional para os lugares de Interese Histórico), desde 1968 a 1983, e membro da Comisión Permanente de Museos e Galerías (1973–10876). Foi nomeado cabaleiro polos seus servizos.

Publicacións Checklist of Palaearctic and Indian mammals 1758 to 1946 / by J.R. Ellerman and T.C.S. Morrison-Scott. Londres: BM (NH), 1951. Checklist of Palaearctic and Indian mammals 1758 to 1946 / by J.R. Ellerman and T.C.S. Morrison-Scott. Londres: BM (NH), 1966. A list of British mammals [by] T. C. S. Morrison-Scott Published Londres, Printed by order of the trustees of the British Museum, 1952. Southern African mammals'', 1758–1951: a reclassification, by J. R. Ellerman, T. C. S. Morrison-Scott, and R. W. Hayman, 1909–1973. Publicado en Londres: Printed by order of the trustees of the British Museum, 1953.

Abreviatura A abreviatura Morrison-Scott emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Nados en 1908 Categoría:Nados no Reino Unido Categoría:Finados en 1991 Categoría:Personalidades sen imaxes