Juan Rial de las Riberas, nado en Vimianzo en 1847 e finado en Cee o 22 de febreiro de 1902,La Voz de Galicia, 23-2-1902, p. 1. foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Pedro Rial Mariño. Secretario municipal de Vimianzo e filántropo dese concello. Liberal, controlaba o distrito electoral de Corcubión. Foi deputado provincial polo distrito de Arzúa (1886). Foi desterrado a Carantoña, onde fundou as escolas e mellorou a localidade.

Vida persoal Casou con Manuela Mouzo, de Vimianzo, que morreu asasinada por un sobriño en xuño de 1898. A súa filla, Manuela Rial Mouzo, casou con Perfecto Castro Canosa, de Cee.

Notas

Categoría:Avogados de Vimianzo Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Vimianzo Categoría:Nados en 1847 Categoría:Finados en 1902 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos