O Lume-1 é un Cubesat do tipo 2U, deseñado por Alén Space, spin-off da Universidade de Vigo, sendo o cuarto satélite no que traballou esta institución e integrado dentro do proxecto FIRE-RS coa colaboración do Centre National de la Recherche Scientifique e da Universidade do Porto, co obxectivo da asistencia durante a extinción de incendios.

Equipamento O requisito do sistema FIRE-RS é o de prover ao satélite Lume-1 con alertas terrestres dos incendios detectadas por sensores locais. O satélite, posteriormente, retransmite esas alertas a estacións terrestres, encargadas de redirixir a posición do lume aos UAV. O UAV será desta maneira capaz de actualizar ao Lume-1 garantindo unha comunicación bidireccional coas estacións terrestres.

As especificacións do Lume-1 consisten nun software TOTEM Radio UHF M2M de carga útil e un transmisor en banda S, así coma un sistema HUMPL Humsat e un receptor UHF M2M."Especificacións do Cubesat Lume-1"

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do subsidiario Alén Space Fernando Aguado, profesor da Escola de Telecomunicación da UVigo e investigador responsable da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo Web con actualizacións da axencia espacial Rusa (FKA)

Categoría:Tecnoloxía en Galicia Categoría:CubeSat Categoría:Universidade de Vigo