Giovanni Mele, nado o 19 de outubro de 1885 en Acquaformosa (Calabria) e finado o 10 de febreiro de 1979, foi un eclesiástico grecocatólico italo-albanés, primeiro bispo de Lungro dende 1919 até o seu pasamento. Traxectoria Naceu o 19 de outubro de 1885 en Acquaformosa, unha vila italo-albanesa de Calabria. Estudou no seminario diocesano de Cassano all'Ionio e, entre 1899 e 1908 no Pontificio Colexio Grego de Santo Atanasio. O 7 de xuño de 1908 foi ordenado sacerdote polo bispo Lazar Mladenov.

O 19 de febreiro de 1919 o papa Bieito XV, coa constitución apostólica Catholici fideles erixiu a eparquía de Lungro para os italo-albaneses de Italia continental. O 10 de marzo de 1919 Giovanni Mele foi nomeado bispo da nova eparquía. Recibiu a consagración episcopal o 8 de xuño de mans do bispo grego Isaias Papadopoulos, quen foi asistido polo bispo Giuseppe Schirò e polo abade Arsenio Pellegrini.Como regra xeral para as consagracións episcipais na Igrexa requírese a presenza de tres bispos. Porén, semella que Pellegrini non fora consagrado bispo, polo que para a consagración de Mele a Santa Sé debeu facer unha excepción, xa que para a validez chega con un único bispo.

Como bispo de Lungro, organizou en 1940 o primeiro sínodo interdiocesano da Igrexa católica italo-albanesa, xunto co administrador apostólico da eparquía de Piana degli Albanesi Luigi Lavitrano e o abade de Santa María de Grottaferrata Isidoro Croce.

Manifestou unha grande preocupación pola restauración da pureza do rito bizantino na súa diocese e na defensa da súa especificidade: se realizaron fortes reformas na catedral de San Nicolao de Mira, que se converteu na primeira igrexa en ter unha división do seu espazo interior pola presenza do iconostasio; sempre asinaba nas actas da Conferencia Episcopal Calabresa engadindo a cláusula "in quanto compatibile con il rito greco".

Finou no cargo o 10 de febreiro de 1979, e foi sucedido por Giovanni Stamati.

Obra

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Vincenzo Matrangolo

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1885 Categoría:Nados en Acquaformosa Categoría:Finados en 1979 Categoría:Bispos católicos de Italia Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos da Igrexa católica italo-albanesa Categoría:Alumnos do Pontificio Colexio Grego Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Escritores de literatura cristiá Categoría:Poetas en lingua italiana Categoría:Escritores de Italia