Juan Gabeiras Barro, coñecido como Picovello, nado na Capela e finado no Tellado (Fene) o 18 de xullo de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Incorporouse á guerrilla en maio de 1949 con José Seijo Naveira e os irmáns José e Juan Freire Barcia. O 18 de xullo de 1951 morreu abrasado, xunto a Manuel Bastida Franco, nunha casa do Tellado (Fene) á que lle prendeu lume a Garda Civil. Algunhas fontes afirman que se chamaba Juan Gabeira Gabeira e foi asesinado o 30 de outubro de 1949 en Pazos (Monfero) con outros seis guerrilleiros do destacamento Arturo Cortizas; pero o guerrilleiro identificado pola Garda Civil como Picovello era en realidade José Remuiñán Barreiro.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados na Capela Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes