miniatura|Mosteiro de Sobrado. O arciprestado de Sobrado é un arciprestado da arquidiocese de Santiago de Compostela. Pertence á vigairía de Santiago e abrangue 25 parroquias de seis concellos coruñeses.

É o herdeiro do condado de Présaras, tendo uns límites moi semellantes.

Parroquias miniatura|Arciprestado de Sobrado no mapa do arcebispado de Santiago de 1825. As 25 parroquias do arciprestado son:

1 parroquia do concello de Aranga: Vilarraso (San Lourenzo). O resto das parroquias de Aranga repártense entre os arciprestados de Pruzos (dúas) e Xanrozo (tres).

4 parroquias do concello de Boimorto: Os Ánxeles (Santa María), Corneda (San Pedro), Dormeá (San Cristovo) e Rodieiros (San Simón). O resto das parroquias de Boimorto pertencen ó arciprestado de Ferreiros.

As 4 parroquias do concello de Curtis: Curtis (Santaia), Fisteus (Santa María), Foxado (Santa María) e Santa María de Lurdes (Santa María).

9 parroquias do concello de Sobrado: Carelle (San Lourenzo), Codesoso (San Miguel), Cumbraos (San Xiao), Folgoso (Santa Cristina), Grixalba (San Xiao), Nogueira (San Xurxo), A Porta (San Pedro), Pousada (San Mamede) e Roade (Santo André). A parroquia administrativa da Ciadella foi suprimida eclesiasticamente na reforma parroquial de 1867 e integrada na de Armental (Vilasantar).

As 7 parroquias do concello de Vilasantar: Armental (San Martiño), Barbeito (San Salvador), Mezonzo (Santa María). Présaras (San Pedro), San Vicenzo de Curtis (San Vicenzo), Vilariño (Santa María) e Vilasantar (Santiago). A parroquia de Armental incorpora a da Ciadella (Sobrado).

Igrexas parroquiais

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Arciprestados da arquidiocese de Santiago de Compostela