Camarasaurus era un xénero de dinosauro herbívoro cuadrúpede. Era o máis común dos saurópodos xigantes descubertos en América do Norte. Este fósil foi descuberto na formación Morrison de Colorado e Utah, e data do Xurásico Superior (dende o Kimmeridgian até o Tithonian), hai uns 155 a 145 millóns de anos. Os Camarasaurus presentaban unha distintiva forma cranial cun fociño romo e un cranio arqueado que era notablemente cadrado. Crese que podía viaxar en mandas, ou cando menos en grupos familiares.

O seu nome quere dicir "lagarto de cámara", referíndose ás cámaras ocas nas vértebras (do grego καμαρα/kamara que quere dicir "cámara abovedada", e σαυρος/sauros que quere dicir "lagarto").

Véxase tamén

Outros artigos Lista de dinosauros Bibliografía

Categoría:Dinosauros Categoría:Fósiles descritos en 1877