Milton Doyle, nado o 31 de outubro de 1993 en Chicago, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Windy City Bulls da NBA G League. Cunha altura de 1,93 metros xoga na posición de escolta.
Traxectoria profesional Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2017, Doyle foi invitado polos Brooklyn Nets a xogar na Liga de Verán da NBA de 2017. O 4 de agosto de 2017, Doyle asinou cos Nets. O 11 de outubro de 2017, foi cortado polos Nets, pero asinou de novo con eles o 18 de decembro de 2017. Fixo o seu debut na NBA o 26 de decembro de 2017 na derrota por 109-97 dos Nets contra os San Antonio Spurs.
O 8 de agosto de 2018, Doyle asinou un contrato dun ano co CB Murcia da Liga ACB.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores do CB Murcia