Lyrurus é un xénero de ave da orde das galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, que comprende dúas especies, coñecidas como galos lira,gao lira en Globse. moi semellantes ás do xénero Tetrao.
Taxonomía Descrición O xénero foi creado en 1832 polo naturalista e ornitólogo inglés William Swainson.Lyrurus Swainson, 1832 no ITIS.
Etimoloxía O nome científico Lyrurus está formado polos elementos do latín científico lyr- e -urus.Lyrurus no Merriam-Webster Unabriged Dictionary. O primeiro está tirado da raíz do substantivo do dialecto xónico do grego antigo λύρα, lýra, 'lira', e o segundo do grego antigo οὐρά, ourá, 'cola'. Literalmente: 'os de cola en forma de lira'.
Especies Na actualidade recoñecense no xénero dúas especies:Segundo a clasificación IOC 4.1 (da International Ornithologists' Union).
Lyrurus mlokosiewiczi (Taczanowski, 1875) – Galo lira do Cáucaso, ou galo lira caucásico Lyrurus tetrix (Linnaeus, 1758) - Galo lira común, ou galo lira euiroasiático
Nota taxonómica Algúns atutores consideran estas dúas especies dentro do xénero Tetrao, como Tetrao mlokosiewiczi Taczanowski, 1875 Tetrao tetrix Linnaeus, 1758
Véxase Tetrao.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Dickinson, E. C., ed. (2003): The Howard & Moore Complete Checklist of the Birds of the World. 3nd ed. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6536-9. Hume, R. (2002): Guía de campo de las aves de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2821-317-8. Peterson, R.; G. Mountfort e P. A. D. Hollom (1973): Guía de campo de las aves de España y de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-334-2.
Outros artigos Aves Galiformes Fasiánidos Tetraoninos Tetrao
Ligazóns externas Gill, F. & Donsker. D. eds. (2018): Family Fasianidae, en IOC World Bird Names (versión 8.2), International Ornithologists’ Union. Consultada o 5 de xaneiro de 2019. Lyrurus en Avibase. Inclúe a lista completa de subespecies. Consultada o 5 de xaneiro de 2019. Lyrurus na ADW.
Categoría:Fasiánidos