Chamaeleo calyptratus é unha especie de réptil da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos iguanios, familia dos camaleónidos e subfamilia dos camaleoninos, propia da península de Arabia, onde se encontra no oeste do Iemen e da Arabia Saudita.

A especie foi introducida en Hawai, onde é invasora no ecosistema local. Hai unha poboación reprodutora establecida en Maui.Detecting the Veiled Chameleon (Chamaeleo calyptratus) on Maui: Enhancing Control of an Injurious Species. First Progress Report. Maui Invasive Species Committee. Tamén se pode encontar na Florida, en plena natureza, onde mascotas escapadas estableceron poboacións estábeis.Wilms, T.; Sindaco, R. & Shobrak, M. (2012): Chamaeleo calyptratus na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 15 de novembro de 2019.Chamaeleo calyptratus, en Everglades Cooperative Invasive Species Management Area.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1851 polo zoólogo e naturalista francés André Marie Constant Duméril, e o seu compatriota e tamén zoólogo, especializado en herpetoloxía, Gabriel Bibron, na súa obra Catalogue Methodique de la Collection des Reptiles. Museo Nacional de Historia Natural de Francia, París: Gide & Baudry, pp: 1-224 (Ver o texto íntegro).

Etimoloxías Para a do xénero véxase Chamaeleon.

O epíteto específico, calyptratus, deriva do grego antigo καύπτρω calýptrō, "cubrir", "envolver", "ocultar", de καύπτρα calýptra, "cuberta", "veo",Urs Eggli & Leonard E. Newton (2004): Etymological Dictionary of Succulent Plant Names. Berlin / Heidelberg / New York: Springler-Verlag. ISBN 978-3-6420-5597-3. en alusión á capaciade deste animal para ocultarse, mimetizándose co seu contorno.

Sinónimos Ademais de polo nome válido actualmente, a especie coñeceuse tamén, entre outro, polos sinónimos seguintes:Chamaeleo calyptratus Duméril & Duméril, 1851 en The Reptile Database. Chamaeleo calcaratus Peters, 1870 Chamaeleo calcarifer Peters, 1871 Chamaeleo chamaeleon calcarifer Peters, 1871

Subespecies Recoñécense dúas subespecies: Chamaeleo calyptratus calcarifer Peters, 1871, de Arabia Saudita. Chamaeleo calyptratus calyptratus Duméril & Bibron, 1851 do Iemen.

Catacterísticas miniatura|240px|Chamaeleo calyptratus femia O macho mide de 43 a 61 cm de longo desde a punta do fociño até a punta da cola. É de cor verde con raias amarelas e alaranxadas, a diferenza das femias, uniformemente azuladas ou verdes; ademais, o macho ten unha especie de esporón nas patas. A femia é máis pequena, non pasa dos 35 cm aproximadamente, pero ten o corpo máis groso. Ambos os sexos teñen un casco na cabeza que se fai maior a medida que o camaleón medra, alcanzando aproximadamente 5 cm nos adultos máis grandes. Os pequenos acabados de criar teñen cor verde e desenvolven raias a medida que medran. As femias adultas son verdes con mnchas brancas, alaranxadas, amarelas ou bronceadas. Os machos adultos son máis brillantes, con bandas máis definidas de cor amarela ou azul e algunhas pencas.Veiled Chameleon. Smithsonian National Zoological Park.

A súa masa corporal media é de 306,66 g.Cone Head Chameleon. Chamaeleo calyptratus Duméril & Duméril 1851 na EOL.

A súa coloración pode verse afectada por varios factores, incluído o status social. En condicións experimentais, os camaleóns mozos criados illadamente son máis escuros que os criados con outros individuos.Ballen, C., et al. (2014): Effects of early social isolation on the behaviour and performance of juvenile lizards, Chamaeleo calyptratus. Animal Behaviour 88: 1-6. As femias cambian de cor durante os seus ciclos reprodutivos.Kelso, E. C. & P. A. Verrell (2002): Do male veiled chameleons, Chamaeleo calyptratus, adjust their courtship displays in response to female reproductive status? Ethology 108 (6): 495-512. Estes camaleóns tamén tenden a cambiar a unha cor moito máis escura cando están estresados.

Costumes, hábitat e ecoloxía Chamaeleo calyptratus vive nunha serie de tipos de hábitats na súa área de distribución natural, incluíndo chairas, montañas e vales. Como outros camaleóns, é unha especie arbórea, vive en árbores, arbustos e outras plantas grandes. Prefire as zonas húmidas cunha alta amplitude térmica, xeralmente entre os 24 a os 35 °C durante o día e de non menos de 20 °C pola noite.

Chamaeleo calyptratus é omnívoro. Aliméntase de insectos, pero tamén come materia vexetal, especialmente como fonte de auga.

A súa lonxevidade é de aproximadamente 5 anos para as femias e de até 8 anos para os machos. Alcazan a madurez sexual aos catro ou cinco meses de idade. Crían máis dunha vez ao ano. A femia pon até 85 ovos, que enterra na area. Os ovos son brancos cunha casca dura. Os embrións experimentan unha diapausa, un tempo no que están durmidos no ovo antes de comezar a desenvolverse. O aumento da temperatura no substrato inicia o desenvolvemento.Andrews, R. M. & S. Donoghue (2004): Effects of temperature and moisture on embryonic diapause of the veiled chameleon (Chamaeleo calyptratus) . Journal of Experimental Zoology 301A: 629-635.

Os machos exhíbense diante das femis durante o cortexo nupcial, realizando comportamentos como "rodar a cabeza" e "frotar a barbela". As femias cambian de cor cando son receptivas para a reprodución, e os machos teñen máis probabilidade de cortexalas durante este tempo.

En catividade Este camaleón pode criarse en terrarios.Philippe Gérard (2004): Le terrarium: manuel d'élevage et de maintenance des animaux insolites. Le Bourg, Maurens, Francia: Animalia éditions. ISBN 2-9157-4007-0, p. 88. É a especie máis común de Chamaeleo no comercio de mascotas. É doado de criar e prolífico na súa produción de ovos. Tolera unha gran variedade de condicións e sobrevive ben en cativerio.

Na cultura Chamaeleo calyptratus é o logotipo do sistema operativo SUSE Linux.Linux Questions: What kind of lizard is the SUSE mascot

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Andrews, R. M. (2008). Effects of incubation temperature on growth and performance of the veiled chameleon (Chamaeleo calyptratus). Journal of Experimental Zoology Part A: Ecological Genetics and Physiology 309 (8): 435-46. Davison, Linda J. (1997): Chameleons: Their Care and Breeding. Surrey, Columbia Británica, Canadá: Hancock House Publishers. ISBN 978-0-8883-9353-1. Herrel, A., et al. (2014). The scaling of tongue projection in the veiled chameleon, Chamaeleo calyptratus. Zoology 117: 227-236. Le Berre, François; Bartlett, Richard D. (2009): The Chameleon Handbook. 3rd Edition. Hauppauge, Estado de Nova York: Barron's Educational Series. ISBN 978-0-7641-4142-3. McCartney, K. L., et al. (2014). The effect of carotenoid supplementation on immune system development in juvenile male veiled chameleons (Chamaeleo calyptratus). Frontiers in Zoology 11: 26.

Outros artigos Camaleónidos Camaleoninos Chamaeleo

Ligazóns externas Chamaeleo calyptratus. Veiled Chameleon na ADW. Amplísimas informacións e referenias . Cone Head Chameleon. Chamaeleo calyptratus Duméril & Duméril 1851 na EOL.

Categoría:Saurópsidos Categoría:Escamosos Categoría:Réptiles do Iemen Categoría:Réptiles de Arabia Saudita Categoría:Animais descritos en 1851