Xoán III Sobieski (en polaco Jan III Sobieski), nado en Olesko o 17 de agosto de 1629 e finado en Wilanów o 17 de xuño de 1696, foi un dos máis importantes reis da chamada Mancomunidade polaco-lituana, rei de Polonia e Gran Duque de Lituania dende 1674 ata a súa morte.

Foi ademais un dos mellores militares do século XVII á altura de grandes xerais como Ambrosio Espínola, Raimondo Montecuccoli, Enrique de la Tour d'Auvergne-Bouillon ou Carlos V de Lorena.

Traxectoria Orixes e formación Xoán Sobieski naceu o 17 de agosto de 1629 no castelo de Olesko. Aquel mesmo día tivo lugar unha impoñente tormenta en Constantinopla e un raio impactou nun dos minaretes da Mesquita Azul convertendo a media lúa que coroaba a construción en cinzas, este feito foi tomado polos turcos otománs como un mal agoiro. esquerda|miniatura|250x250px|Castelo de Olesko, lugar de nacemento de Xoán Sobieski. Os seus pais eran Jakub Sobieski e Sofía Teófila Danilowicz. O seu pai era considerado polos seus contemporáneos como unha persoa honorable. El foi un importante parlamentario e orador e participou en numerosas comisións diplomáticas e en expedicións militares como a que tivo lugar contra Moscova en 1617-18 e na batalla de Khotym onde 45 000 polacos, lituanos e cosacos derrotaron a 100 000 otománs. Jakub e Sofía Teofíla tiveron sete fillos pero só catro chegaron á idade adulta: dous fillos (Marek Sobieski e Xoán) e dúas fillas (Katarzyna e Anna).

Marek e Xoán foron criados no castelo de Zolkiew e educados nas leis polacas e no coñecemento das tácticas militares. A súa nai conducíaos a rezar á tumba do bisavó dos nenos, Stanislaw Zolkiewski, Gran Hetman da Coroa, quen faleceu na batalla de Cecora en 1620. Sofía Teófila quería que os seus fillos lembrasen sempre a inscrición da tumba do seu avó:

esquerda|miniatura|256x256px|Jakub Sobieski. O mozo Xoánn Sobieski aínda que menos atractivo que o seu irmán Marek era un mozo animado, ardente e impetuoso cuxa gran paixón é a caza (aos nove anos xa cazara o seu primeiro oso).

O verán de 1640 Jakub enviou os seus fillos a Cracovia para educarse. Alí estudaron filosofía, historia, matemáticas e poesía. Os estudos alongáronse e en 1643, Xoán Sobieski accedeu á facultade de filosofía da Universidade Iaguelónica, compaxinando os estudos co adestramento militar xa que recibiu leccións de hípica, tiro e esgrima.

Xoán e Marek remataron os seus estudos en febreiro de 1646 pero os seus pais enviáronos a realizar o Grand Tour por Europa e tras pasar por Zamość, Lublin, Kazimierz Dolny, Radom, Kalisz e Poznan os irmáns visitaron Frankfurt do Oder, cidade do Sacro Imperio Romano Xermánico tralo que pasaron a Berlín, capital de Brandeburgo. esquerda|miniatura|255x255px|Stanislaw Zolkiewski. Detalle da obra ” Estevo Bathory en Psków" de Jan Matejko O 5 de maio de 1646 chegaron a Ámsterdam, capital das Provincias Unidas e despois visitaron Anveres nos Países Baixos españois onde tomaron contacto coa obra de Peter Paul Rubens.

En xuño de 1646 Xoán Sobieski chegou a París onde os irmáns se involucraron na vida social acudindo a festas, igrexas e palacios e Xoán Sobieski enrolouse nos mosqueteiros da Garda. Na primavera de 1647, Xoán Sobieski, tivo unha relación cunha muller casada da que naceu un fillo chamado Brisacier. Durante a súa estancia en Francia, Xoán Sobieski visitou outras cidades como Orleáns, Tours, Angers, Nantes, La Rochelle, Blois, Bordeos, Marsella, Saumur e Toulon.

En outubro de 1647 os irmáns viaxaron a Inglaterra e visitaron Londres pero a Segunda Guerra Civil Inglesa impediu que visitasen Escocia e os irmáns tiveron que regresar a Ámsterdam onde coñeceron a Maarten Tromp.

Tras realizar esta xira por Europa Occidental, os irmáns Sobieski, planearon viaxar a Constantinopla e o norte de África pero a revolta dos cosacos zaporozhos instigada por Bohdán Jmelnytsky e a morte do rei polaco Ladislau IV Vasa provocaron que os irmáns tivesen que pospor a súa viaxe ao Imperio Otomán e regresar a Polonia. dereita|miniatura|264x264px|Bohdán Jmelnytsky

A rebelión de Jmelnytsky A vitoria dos cosacos na batalla de Korsun deixou o sueste da República das Dúas Nacións desprotexido e os cosacos entregáronse á pillaxe. Antes da chegada de Marek e Xoán Sobieski a Polonia as tropas polacas volveron ser derrotadas na batalla de Pliwice, mais o exército cosaco foi detido polas fortificacións de Zamość .

Cando os irmáns Sobieski chegaron a Zamosc atoparon alí a súa nai e descubriron que o seu pai falecera. A súa nai instounos a que cumprisen co seu deber de defender a patria, advertíndolles que non tivesen medo do combate.

Xoán II Casimiro Vasa foi elixido rei de Polonia e enviou unha delegación para negociar con Bohdán Jmelnytsky mais unha forza de 100 000 cosacos puxo baixo sitio a cidade de Zbaraz onde se atopaba Marek Sobieski.

Xoán Sobieski, quen se atopaba en Lublin, uniuse ás forzas do Starosta de Jaworow formando e comandando a súa propia bandeira de cabalaría. Xoán Sobieski participou na batalla de Zborow, que foi a súa primeira batalla. Os polacos lograron a vitoria na batalla na que tivo unha grande importancia a cabalaría polaca e Jmelnytsky foi obrigado a asinar unha tregua. esquerda|miniatura|350x350px|A batalla de Zborow Despois da tregua, os irmáns Sobieski asistiron á voda da súa irmá Katarzyna quen casou co Palatino de Cracovia, Wladyslaw Zaslawski-Ostrogski. Con todo, a paz durou pouco xa que Jmelnytsky buscou o apoio do sultán Otomán e de İslâm III Giray, khan de Crimea.

A batalla entre o exército polaco (onde se atopaban os irmáns Sobieski) e o exército cosaco-tártaro tivo lugar en Beresteczko o 28 de xuño de 1650. O primeiro día da batalla de Beresteczko os polacos terminaron con vantaxe grazas á súa cabalaría. Con todo a cabalaría tártara recuperouse e varios escuadróns penetraron entre a formación polaca. Xoán Sobieski foi ferido na cabeza e feito prisioneiro pero os seus compatriotas puideron rescatalo. Os tártaros chegaron ata as proximidades da posición de Xoán II Casimiro, mais foron finalmente rexeitados pola artillaría. Ao seguinte día o ataque da cabalaría da á esquerda polaca, acompañada por un avance do centro polaco e un forte lume da artillaría creou unha gran confusión entre os tártaros, que comezaron a fuxir deixando os cosacos nunha posición difícil, defendéndose entre as súas carruaxes. A resistencia cosaca alongouse e ata o 10 de xullo non foron finalmente derrotados. A batalla de Beresteczko foi a maior batalla terrestre do século XVII, nela participaron máis de 200 000 soldados e terminou coa morte de máis de 20 000 cosacos, polo que Jmelnytsky foi obrigado a asinar un tratado favorable á República das Dúas Nacións.

De novo Jmelnytsky non se conformou coa situación e buscou apoio internacional para enfrontarse á Mancomunidade Polaco-Lituana e aliouse co Hospodar de Moldova pero o Gran Hetman da Coroa, Marcin Kalinowski foi enviado á fronteira para evitar calquera intento de invasión. A intención dos dous irmáns era unirse a este exército pero foron frustradas porque Xoán Sobieski viuse envolto nun duelo cun gran magnate lituano chamado Miguel Pac na que recibiu perigosas feridas que o obrigaron a permanecer na cama O seu irmán Marek si puido participar na expedición.

A expedición terminou en fracaso xa que na batalla de Batoh (2 de xuño de 1652), os cosacos-tártaros conseguiron a vitoria e capturaron 8000 prisioneiros entre os que se atopaba Marek Sobieski, quen foron executados como vinganza pola derrota de Beresteczko. esquerda|miniatura|300x300px|Masacre dos cativos polacos trala batalla de Batoh Cando descubriu a nova, Xoán Sobieski atopouse afundido psicoloxicamente polo tráxico final do seu irmán. Durante días a súa nai non lle dirixiu a palabra xa que sempre sentira debilidade por Marek mais Xoán Sobieski permaneceu ao seu lado tentando reconfortala. dereita|miniatura|350x350px|A batalla de Beresteczko

Ao ano seguinte Xoán Sobieski participou na campaña militar contra os cosacos e os tártaros. En Zborov estalou un motín entre o exército polaco e todos os medios de persuasión foran en balde. Xoán Sobieski pediu que se lle confiase sufocar a rebelión e o xeneral permitiullo aínda que non confiaba gran cousa nel, que só contaba vinte anos. Grazas á súa grande elocuencia e a súa retórica apaixonada e convincente soubo contaxiar os sublevados do seu espírito patriota e os soldados volveron á obediencia. Grazas a esta acción, Xoán Sobieski foi recompensado co ascenso a abandeirado da coroa. dereita|miniatura|300x300px|Bohdán Jmelnytsky e o exército cosaco reúnese cos tártaros comandados por Tugay Bey Volveuse asinar a paz e o khan de Crimea pediu como garantía do cumprimento dos compromisos de paz a entrega de reféns entre os oficiais polacos. Xoán Sobieski, que adquirira xa certo status foi un dos elixidos polo khan como refén. Tras pasar un tempo cos tártaros regresou a Polonia pero pouco despois a guerra volveu comezar. Xoán Sobieski uniuse ao exército e foi destinado ao Palatinado de Belz, na fronteira ucraína pero tivo que retirarse a curarse dunha ferida da cabeza que recibiu dunha escaramuza. Durante tres anos máis Xoán Sobieski e as tropas polacas enfrontáronse cos cosacos que recibiron a axuda de Afasto I de Rusia. Se a guerra cos cosacos e cos rusos non fose suficiente unha parte dos nobres polacos descontentos convidaron a Carlos X Gustavo de Suecia a tomar o trono polaco e fíxose co poder na Gran Polonia, Mazovia e Cracovia. esquerda|miniatura|268x268px|Xoán II Casimiro de Polonia. Obra de Marcello Bacciarelli Xoán II Casimiro Vasa tivo que fuxir a Silesia.

O Diluvio A invasión sueca de Polonia, coñecida como o Diluvio foi un momento crítico na historia polaca xa que gran parte do reino polaco foi controlado polos suecos e moitos nobres uníronse a este exército. Xoán Sobieski mantívose fiel a Xoán II Casimiro. Entre Malbork e Elblag derrotou con 400 xinetes a seiscentos xinetes suecos. En 1655 Lituania pasou voluntariamente ao bando sueco, mais o Khanato de Crimea, vendo o perigo que supuña ter preto das súas fronteiras unha potencia militar como Suecia, decidiu apoiar a República das Dúas Nacións e Sobieski púxose ao mando dos tártaros. esquerda|miniatura|306x306px|Carlos X Gustavo de Suecia. Obra de Abraham Wuchters Co apoio tártaro as cousas cambiaron rapidamente. Lituania foi librada dos suecos, Varsovia foi liberada. Un exército brandeburgués avanzaba para apoiar a Suecia e Xoán Sobieski foi capaz de bloquear o Vístula e acosar as tropas do elector de Brandeburgo Carlos X Gustavo enviou contra el a Robert Douglas, conde de Skenninge. Xoán Sobieski deixou a infantaría bloqueando o Vístula e avanzou coa cabalaría cara ao río Pileza, cruzou o río e sorprendeu a Douglas facéndoo retirarse.

Xurxo Rákóczi II, príncipe de Transilvania, declarou a guerra á Mancomunidade Polaca-Lituana, invadiu Polonia ao mando de 30 000 homes, uniuse a Carlos X Gustavo e ambos puxeron baixo sitio a Varsovia. Xoán Sobieski participou na batalla de Varsovia, unha batalla de tres días (18-20 de xullo de 1656) que finalmente se decidiu do lado sueco. dereita|miniatura|350x350px|Escaramuza entre polacos e suecos. Obra de Józef Brandt Con todo, os dinamarqueses, alarmados polas conquistas de Carlos X Gustavo, deron comezo á Guerra Sueco-Danesa (1657-1658) o que obrigou o rei sueco a abandonar Polonia. A paz con Suecia asinouse definitivamente en 1660 e foi coñecida como Tratado de Oliva; a Mancomunidade Polaco-Lituana foi a gran perdedora porque tería que ceder territorios a Suecia e recoñecer a independencia do Ducado de Prusia que se atopaba baixo o control dos Hohenzollern de Brandeburgo. En 1657 o príncipe Jerzy Sebastian Lubomirski e Xoán Sobieski internáronse en Transilvania para tomar represalias contra Xurxo Rákóczi II quen se viu obrigado a aceptar unha paz humillante. esquerda|miniatura|300x300px|Batalla de Varsovia. Obra de Johan Philip Lemke