O voo 603 de Dominicana, tamén coñecido como o desastre do DC-9 de Dominicana, era un servizo internacional que se esnafrou o día 15 de febreiro de 1970. O McDonnell Douglas DC-9-32 esnafrouse pouco despois de engalar de Santo Domingo, República Dominicana, en ruta cara San Xoán, Porto Rico, matando aos 102 pasaxeiros e tripulantes a bordo. É o segundo peor accidente de aviación ocorrido na República Dominicana tras o voo 301 de Birgenair.
Avión O aparello era un McDonnell Douglas DC-9-32, con rexistro HI-177, fabricado no ano anterior. Realizara o seu primeiro voo o 30 de setembro de 1969. O avión fora transferido a Dominicana de Aviación o 16 de decembro dese mesmo ano. O DC-9 estaba equipado con dous motores Pratt & Whitney JT8D-7. Levaba en servizo menos dun mes coa aeroliña, con só 354 horas de voo, cando se esnafrou.
Accidente O reactor realizaba un servizo internacional dende o aeroporto Las Américas de Santo Domingo ata o aeroporto Luis Muñoz Marín de San Xoán. Engalou sobre as 6:30 pm, pero dous minutos despois a tripulación declarou unha emerxencia cando o motor dereito se parou, solicitando aos controladores de tráfico aéreo regresar ao aeroporto inmediatamente. Porén, mentres se preparaban para volver o motor esquerdo apagouse. Sen control o avión descendeu rapidamente e esnafrouse no mar Caribe unhas dúas millas ao norte do aeroporto. As 102 persoas a bordo morreron.
Notas
Dominicana 0603 Dominicana Dominicana