é unha xilografía erótica pertencente ó xénero ukiyo-e realizada en 1814 polo artista xaponés Hokusai Katsushika. Hokusai desenvolveu unha iconografía durante o século XVIII arredor da lenda de Taishokan.
Seguindo o exemplo de artistas como Katsukawa Shunshô, Katsukawa Shunchō ou Kitao Shigemasa, a obra de Hokusai mostra a unha moza mergulladora Ama entrelazada sexualmente xunto a dous polbos, o máis pequeno deles envolve cun dos seus tentáculos a mamila da rapariga e bícaa, mentres que o máis grande practica un cunnilingus. O polbo grande chámase Oyakata (Xefe) e é coach do polbo pequeno.
Hokusai creou O soño da muller do pescador durante o período Edo, cando rexurdía o xintoísmo; isto tivo influencias sobre o animismo e sobre a actitude pícara ante a sexualidade na obra. É un soado exemplo de shunga e foi recomposto por numerosos artistas xaponeses e temas similares de humanos tendo relacións sexuais con animais mariños, que se manifestaron dende o século XVII nos netsuke xaponeses, pequenas estatuas esculpidas duns poucos centímetros de alto e a miúdo moi elaboradas. Igualmente, a partir de finais do século XIX, grazas ó desenvolvemento do xaponismo, artistas europeos como Rodin e Picasso realizaron novas versións eróticas desta obra de Hokusai.
Véxase tamén
Bibliografía
Briel, Holger (2010). "The Roving Eye Meets Traveling Pictures: The Field of Vision and the Global Rise of Adult Manga". In Berninger, Mark; Ecke, Jochen; and Haberkorn, Gideon, Comics As a Nexus of Cultures: Essays on the Interplay of Media, Disciplines, pp. 187–210. McFarland. Consultado o 9 de novembro de 2010. Bru, Ricard (2010). "Tentacles of love and death: from Hokusai to Picasso". Secret Images. Picasso and the Japanese Erotic Print, Thames & Hudson, Londres, pp. 50–77. Forrer, Mathi (1992). Hokusai: Prints and Drawings. Lane, Richard (1978). Images from the Floating World, The Japanese Print. Oxford: Oxford University Press. ;
Talerico, Danielle (2001). “Interpreting Sexual Imagery in Japanese Prints: A Fresh Approach to Hokusai’s Diver and Two Octopi”. In Impressions, The Journal of the Ukiyo-e Society of America, Vol. 23.
Categoría:Arte do Xapón