As trombospondinas son unha familia de glicoproteínas segregadas con funcións antianxioxénicas. Debido ao seu papel dinámico na matriz extracelular son consideradas proteínas matricelulares. O primeiro membro da familia, a trombospondina 1, descubriuno en 1971 Nancy L. Baenziger.

Tipos As trombospondinas (TSP) son unha familia de proteínas multifuncionais. A familia consta das trombospondinas 1 á 5 e pode dividirse en dous subgrupos: A, que contén TSP-1 e TSP-2, e B, que contén TSP-3, -4 e -5 (tamén designada proteína oligomérica da cartilaxe ou COMP). A TSP-1 e -2 son homotrímeros, que constan de tres subunidades idénticas, mentres que TSP-3, -4 e -5 son homopentámeros.

A TSP-1 e a TSP-2 prodúcenas os astrocitos inmaturos durante o desenvolvemento cerebral, o cal promove o desenvolvemento de novas sinapses.

Trombospondina 1 A trombospondina 1 (TSP-1) está codificada polo xene THBS1 (ou TSP-1). Foi illada por primeira vez de plaquetas que foran estimuladas con trombina, polo que foi designada 'proteína sensible á trombina'. Desde o seu primeiro recoñecemento, atopáronse funcións da TSP-1 en moitos procesos biolóxicos, como a anxioxénese, apoptose, activación do TGF-beta e regulación inmune. Por tanto, a TSP-1 considérase unha proteína multifuncional.

O TSP-1 ten múltiples receptores, entre os que hai que salientar CD36, CD47 e as integrinas.

O TSP-1 é un antianxioxénico, que inhibe a proliferación e migración de células endoteliais por interaccións co CD36 expresado na superficie destas células. Os péptidos inhibitorios e fragmentos de TSP-1 únense a CD36, o que causa a expresión do ligando de FAS (FasL), que activa o seu receptor específico e moi común, Fas. Isto orixina a activación de caspases e a apoptose da célula. Como os tumores que sobreexpresan TSP-1 crecen normalmente lentamente, mostran menos anxioxénese e teñen poucas metástases, a TSP-1 é unha diana atractiva para o tratamento do cancro. Como a TSP-1 é extremadamente grande (~120 kDa por monómero), e non é moi abondosa nin exerce múltiples accións, a súa utilidade clínica é cuestionable. Porén, están sendo comprobadas moléculas pequenas baseadas nunha secuencia de péptido que se une a CD36 desde a TSP-1. Un análogo, ABT-510, mostra unha actividade proapoptótica potente en células cultivadas, mentres que clinicamente é ben tolerada con beneficios terapéuticos contra varios cancros. ABT-510 está sendo avaliada en ensaios clínicos en fase II para o tratamento de varios tipos de cancro.

Proteínas humanas que conteñen este dominio ADAMTS1; ADAMTS10; ADAMTS12; ADAMTS13; ADAMTS14; ADAMTS15; ADAMTS16; ADAMTS17; ADAMTS18; ADAMTS19; ADAMTS2; ADAMTS20; ADAMTS3; ADAMTS4; ADAMTS5; ADAMTS6; ADAMTS7; ADAMTS8; ADAMTS9; ADAMTSL1; ADAMTSL2; ADAMTSL3; ADAMTSL4; ADAMTSL5; BAI1; BAI2; BAI3; C6; C7; C8A; C8B; C9; C9orf8; C9orf94; CFP; CILP; CILP2; CTGF; CYR61; HMCN1; LIBC; NOV; PAPLN; RSPO1; RSPO3; SEMA5A; SEMA5B; SPON1; SPON2; SSPO; THBS1; THBS2; THSD1; THSD3; THSD7A; THSD7B; UNC5A; UNC5B; UNC5C; UNC5D; WISP1; WISP2; WISP3;

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

, , , , (tamén coñecidas como "THBS5")

Categoría:Proteínas Categoría:Dominios proteicos