Mary L. Cleave, nada en Southampton (Nova York) o 5 de febreiro de 1947 e finada o 27 de novembro de 2023, foi unha astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-61-B e STS-30. Pasou un total de 10,92 días no espazo.

Traxectoria Cleave era graduada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade do Estado de Colorado en 1969 e máster en Ecoloxía Microbiana e doutoramento en Enxeñería Civil e Medioambiental pola Universidade do Estado de Utah en 1975 e 1979 respectivamente.

Foi seleccionada pola NASA en maio de 1980 e participou nos voos STS-61-B e STS-30 como especialista de misión. Deixou a NASA en febreiro de 2007.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-61-B STS-30

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Finados en 2023