Beatriz de Sicilia, nada en 1252 e finada entre o 17 de novembro e o 12 de decembro de 1275, foi a emperatriz consorte de Filipe de Courtenay, emperador titular latino de Constantinopla.

Traxectoria Foi filla de Carlos I de Sicilia e Beatriz da Provenza. Tamén foi a irmá máis vella de Carlos II de Nápoles.

Os seus avós paternos foron Lois IX de Francia e Branca de Castela. Os seus avós maternos foron Ramón Berenguer IV da Provenza e Beatriz de Savoia.

Matrimonio Baixo o tratado de Viterbo (27 de maio de 1267), Balduíno II de Courtenay transferiu gran parte dos seus dereitos sobre o Imperio latino a Carlos I. Carlos ía confirmar no seu poder Corfú e algunhas cidades de AlbaniaJohn V.A. Fine, Jr., The Late Medieval Balkans (1987), páxina 170. Tamén tivo o dominio sobre o Principado de Acaia e a soberanía das illas do Exeo, con excepción daquelas en poder de Venecia e Lesbos, Quíos, Samos, e Amorgos.

O mesmo tratado organizou o matrimonio de Filipe de Courtenay, herdeiro do Imperio latino, e Beatriz, a segunda filla de Carlos. Se o matrimonio non tiña fillos, os dereitos de Filipe serían herdados por Carlos I. Beatriz tiña aproximadamente quince anos de idade no momento do seu compromiso.

O 15 de outubro de 1273, Beatriz e Filipe casaron en Foggia. A noiva tiña vinte e un anos de idade e o noivo trinta. O seu sogro morreu días despois. Filipe foi proclamado emperador con Beatriz como a súa emperatriz. A súa única filla coñecida, Catarina de Courtenay, naceu o 25 de novembro de 1274.

Beatriz morreu a finais de 1275. O seu marido sobreviviuna por oito anos, pero nunca volveu a casar.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas O seu perfil en "Medieval Lands" por Charles Cawley

Categoría:Emperatrices do Imperio Latino Categoría:Nados en 1252 Categoría:Finados en 1275