Reinhold Gerstetter, nado en Leonberg, no estado de Baden-Württemberg, o 18 de outubro de 1945, é un artista, litógrafo e deseñador gráfico alemán. É coñecido particularmente polos seus deseños de billetes de banco e selos para diversas institucións emisoras e, neste ámbito, destaca por ser o responsable do redeseño da segunda tiraxe dos billetes de euro, coñecida como serie "Europa".Maak, Benjamin. "Der schönere Schein". En Spiegel Online. 30 de decembro de 2001.
Traxectoria Reinhold Gerstetter estudou deseño gráfico na Academia Estatal de Belas Artes de Stuttgart e nos anos posteriores desenvolveu o seu traballo no ámbito da gráfica publicitaria en Londres, Haifa e Berlín. Entre 1979 e 2002 traballou para a Imprenta Federal Alemá (Bundesdruckerei), onde exerceu como deseñador de selos de correos de Alemaña e tamén doutros países, como Israel, Bolivia e o Perú.
En 1987 elixiuse a súa proposta de deseño para a cuarta e derradeira serie de billetes con valor en marcos alemáns, que permaneceu en circulación entre 1990 e 2002, antes da introdución do euro como moeda europea. Pouco tempo despois foi proclamado vencedor do concurso convocado polo Banco de España para os deseños dos billetes de 1.000 e 5.000 pesetas, que se emitiron en 1992 e circularon ata a súa desaparición en 2002."Billetes y monedas en pesetas: los últimos billetes emitidos". Banco de España.
Gerstetter tamén presentou unha proposta para o deseño da primeira serie dos billetes de euro a principios da década de 2000, aínda que esta non resultou elixida, xa que finalmente se optou pola do deseñador austríaco Robert Kalina."Robert Kalina – Schöpfer der Euro Banknoten". En http://www.geldschein.at.
No entanto, Reinhold Gerstetteren foi seleccionado en maio de 2013 polo Banco Central Europeo para o deseño da segunda edición de billetes de euro, coñecida como "serie Europa". Neste caso, tratábase dun redeseño que tomaba como base e inspiración o orixinal de Kalina.Gerstetter, Reinhold. "Trajes nuevos para el euro ". En Billetería. Nº 10. Banco de España. Páxina 21."Reinhold Gerstetter – Designer der zweiten Euro Serie (Europa-Serie)". En www.geldschein.at.
Dáse a circunstancia de que a súa filla, Avitall Gerstetter (nada en 1972) é coñecida por ser a primeira muller "cantora", encargada de dirixir os cantos nunha sinagoga en Alemaña, como membro do movemento Renovación Xudaica."Cantors: Avitall Gerstetter ". En Jewish Community of Berlin.
Galería de deseños de Reinhold Gerstetter
Billetes en marcos alemáns
Billetes en pesetas
Segunda serie de billetes en euros
Selos de correos de Alemaña
Outros documentos
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Billetes de euro Robert Kalina
Ligazóns externas
"Neue Euro, alte D-Mark - der Banknoten-Designer Reinhold Gerstetter im Gespräch "Die Köpfe kommen wieder ". En Berliner Zeitung. 9 de abril de 2001
Categoría:Nados en Baden-Württemberg Categoría:Nados en 1945 Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Personalidades da filatelia Categoría:Personalidades do gravado