miniatura|210px|Perdices nunha ilustración do Manuscrito de Baburnama (s. XVI). O nome de perdices aplícase a varias especies de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, especialmente ás dos xéneros Alectoris, Perdix e outros semellantes.Perdiz en DiGalego.Conde Teira, M. A. (1999): "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada". Chioglossa, 1: 121-138.

Consideracións taxonómicas e lexicográficas Os estudos científicos demostraron que o termo 'perdiz' non inclúe todas as especies derivadas dun mesmo antepasado, noutras palabras, o grupo das perdices é parafilético, non é, por tanto, un taxon. As clasificacións científicas recentes, como a do Congreso Ornitolóxico International (COI), inclúen a maioría destas aves dentro da subfamilia dos perdicinos, entre outras, as dos xéneros Perdix e Alectoris. Pero o termo perdiz tamén se referiu a varias outras especies. Así ocorre que algúns autores inclúen tamén no grupo a outras aves doutra subfamilia de fasiánidos, a dos tetraoninos, como o lagópodo cinsento.

Características Constitúen un grupo de aves son migratorias de tamaño de mediano a pequeno, propias do Vello Mundo, distribiuídas por Europa, Asia, África e o Oriente Medio, que se alimentan fundamentalmente de sementes e aniñan no solo.

Segundo a definición que delas fixo Georges Cuvier en 1805, as perdices son galináceas de pequeno tamaño e que ningunha delas teñen esporónsCuvier, G. (1805): Anat. comp., t. 4, p. 472.

Moitas delas son das aves de caza máis estimadas, xa que a súa carne é de alto valor culinario.

Etimoloxía A palabra perdiz provén do latín perdicem, acusativo de perdix, e este á súa vez do grego antigo πέρδιξ pérdix, nome da ave en que se transformou Pérdix, o sobriño de Dédalo.perdiz en Etimologías de Chile.

Na mitoloxía Segundo a mitoloxía grega a primeira perdiz apareceu cando Dédalo, envexoso das habilidades do seu sobriño Pérdix, nun arrebato de ira, guindouno desde o alto do templo de Atenea na Acrópole. Pero a deusa, que favorecía o enxeño, viuno caer e cambiou o seu destino transformándoo nunha ave bautizada co seu nome: a perdiz. Esta ave non fai o seu niño nas árbores nin voa alto, senón que aniña no solo e evita os lugares elevados, consciente da súa caída. Polo seu crime, Dédalo foi xulgado e desterrado.

Na arte Encontramos perdices en moitos bodegóns ou naturezas mortas que representan trofeos de caza, así como a súa representación en outras obras artísticas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6. Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7. Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3.

Outros artigos Perdicinos Lagopus

Categoría:Fasiánidos