José Luis Antón Miranda, nado en Ferrol en 1927 e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 2019, foi un enxeñeiro e escritor galego.

Traxectoria Naceu nunha importante familia ferrolá: seu pai Matías Cristóbal Antón, consignatario de buques, ocupou cargos importantes na sociedade ferrolá e presidiu a Cámara de Comercio local durante case catro décadas, antes e despois da Guerra. Tamén seu avó, Emilio Antón Iboleón fora alcalde de Ferrol en tres ocasións nas primeiras décadas do século XX, e o seu outro avó, Augusto Miranda Godoy fora militar e ministro da Mariña en cinco ocasións entre 1913 e 1919.

Foi oficial do Exército de Terra, e continuou, reincorporado á vida civil, o seu labor profesional como enxeñeiro. Viviu en Venezuela e nos Estados Unidos, onde traballou para a General Motors. Foi o autor dunha trintena de novelas.

Obra Campanas de muerte. Las noches de Gerardo. La ruta de Manila.

Vida persoal Foi o irmán do tamén militar e enxeñeiro Emilio Antón Miranda. Casou con Pipa Fernández en 1956 na catedral de Santiago, e tivo seis fillos.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2019

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes