Os irmáns Ameijeiras son un grupo de dez irmáns cubanos nados en Pueblo Viejo (Jesús Menéndez, provincia de Las Tunas), coñecidos no seu país porque varios deles foron destacados revolucionarios.
Orixe familiar Manuel Ameijeiras Fontenla, nado no Campo Lameiro a finais do século XIX, emigrou cara a América. O seu destino foi Arxentina, onde botou un tempo até que a crise que sufría aquel país o animou a volver a Galicia. De aí embarcou a Cuba, e ao pouco de chegar á Habana coñeceu a María de las Angustias Delgado Romo, unha cubana de Corral Falso (hoxe chamado Pedro Betancourt), da provincia de Matanzas. Casaron e foron vivir á central azucreira Chaparra, na provincia de Las Tunas. Instaláronse no número 19 do barrio de Pueblo Viejo. Alí tiveron dez fillos:
María Luisa Ameijeiras Delgado (Mara). Manuel Melquíades Ameijeiras Delgado (Chonchón). Falecido na infancia. Gustavo Ameijeiras Delgado. Activista revolucionario. Asasinado polas forzas de Batista en 1958. Salvador Ameijeiras Delgado (Nene). Enma Ameijeiras Delgado. Ángel Ameijeiras Delgado (Machaco). Xefe de Acción e Sabotaxe do Movemento 26 de Xullo na Habana e Comandante póstumo do Exército Rebelde. Asasinado polas forzas de Batista en 1958. José Ameijeiras Delgado (Pepincito). Evangelista Ameijeiras Delgado. Efigenio Ameijeiras Delgado. Comandante guerrilleiro do Exército Rebelde e escritor. Juan Manuel Ameijeiras Delgado (Mel). Revolucionario asasinado en 1953 durante o asalto ao cuartel Moncada.
Legado Púxoselle o nome de Juan Manuel Ameijeiras á Columna 6 do Exército Rebelde. En Bayate, na provincia de Guantánamo está hoxe o Museo Memorial Columna 6 Juan Manuel Almejeiras, adicado a dita columna. A casa onde naceron os 10 irmáns foi restaurada e convertida no Museo Casa Natal "Hermanos Ameijeiras" inaugurado en 1996. Unha localidade do municipio de Placetas chámase Hermanos Ameijeiras. Tamén un dos hospitais máis importantes do país, o Hospital Hermanos Ameijeiras da Habana, así como o Aeroporto Nacional Hermanos Ameijeiras, en Las Tunas.
Véxase tamén Ligazóns externas Os irmáns Ameijeiras por Lois Pérez Leira .
Notas
Categoría:Nados na provincia de Las Tunas Categoría:Revolucionarios de Cuba Categoría:Cubanos de ascendencia galega Categoría:Nados na diáspora galega