miniatura|240px|Lámina de Coturnix adansonii (hoxe Excalfactoria adansonii) por C. G. Finch-Davies na obra de Horsbrugh, Boyd (1912): The game-birds and water-fowl of South Africa. Londres: Witherby & Co. Excalfactoria é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, que inclúe dúas especies de paspallases do Vello Mundo.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1856 polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte.Excalfactoria Bonaparte, 1856 na IOC World Bird List (do Congreso Ornitolóxico Internacional). Versión 9.1. Consultada o 20 de xaneiro de 2019.
Etimoloxía O nome científico do xénero, Excalfactoria deriva do latín clásico excalfactorius, 'quecemento', 'que dá calor',Excalfactoria en Jobling, James A. (2010): The Helhm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4. en alusión ao termo usado polos chineses para quentar as mans cando vai frío, xa que se cre que o corpo destas aves contén unha gran cantidade de calor na súa época de reproduciónJardine, W. and Selby, P. J. (1826–1843): Illustrations of ornithology. Edinburgh.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido (e polo antigo Coturnix), o xénero coñeceuse tamén por:Synoicus Gould 1843 en Fossilworks. Synoicus Gould, 1843
Especies Segundo a clasificación de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional (Versión 3.3) o xénero comprende dúas especies: Excalfactoria chinensis (Linnaeus, 1766) – o paspallás chinés ou paspallás azul chinés. Excalfactoria adansonii Bonaparte, 1856 – o paspallás africano ou papallas azul africano.
Variacións taxonómicas O xénero foi transferido a Coturnix despois de que ete fora descrito por en 1764 polo botánico e zoólogo francés François Alexandre Pierre de Garsault, ou en 1791 polo naturalista, tamén francés, Pierre Joseph Bonnaterre (segundo os autores).Genus taxon summary for Coturnix . AnimalBase.Coturnix Bonnaterre, 1791 no ITIS.
Este xénero mantívose durante moitos anos, até que recentemento foi recasificado, por algúns autores, no xénero SynoicusSynoicus na Lista vermella da UICN. e, polo grupo de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional, no actualmente válido Excalfactoria.King Quail Excalfactoria chinensis (Linnaeus, 1766) e Blue Quail Excalfactoria adansonii (Verreaux, J & Verreaux, E, 1851) na IOC World Bird List (do Congreso Ornitolóxico Internacional). Versión 9.1. Consultada o 20 de xaneiro de 2019.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6. Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7. Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3.
Outros artigos Galiformes Fasiánidos Perdicinos
Categoría:Fasiánidos