miniatura|Un xaguar negro é un exemplo clásico de melanismo. O melanismo é un exceso de pigmentación escura nun animal, poboación ou grupo, o cal se traduce nun ennegrecemento da pel. Un exemplo típico é a 'pantera negra': un leopardo ou un xaguar con pelame completamente negra.

É frecuente que por mor dun incremento da actividade industrial, e con ela dos fondos escuros, aumenten as formas escuras ou melánicas e diminúan as formas claras, debido á mellor camuflaxe que ofrecen as primeiras. Este fenómeno chámase melanismo industrial. Nos peixes Betta splendens o melanismo é común, tendo unha cor negra anormal.

Xenética do melanismo Mutacións en diversos xenes, como MC1R ou Agouti, poden provocar o melanismo.

Crese que os xenes responsables do melanismo contribúen a causar unha maior resistencia contra virus, debido a que se observou un incremento significativo de melanismo en poboacións de leopardos onde se rexistraron pandemias.Super Cat Documentary, National Geographic Channel

Cómpre sinalar que o melanismo pode ser de grande utilidade, debido a que a melanina serve para obter enerxía captando fotóns de radiacións electromagnéticas.Publicación de Arturo Solis Herrera

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Melanism and disease resistance in insects Fryer, G. 2013. How should the history of industrial melanism in moths be interpreted? The Linnean. 29 (2): 15 - 22.

Categoría:Termos zoolóxicos Categoría:Fisioloxía animal Categoría:Coloración animal