Aurora Abásolo Díaz, nada en Durango (Biscaia) en 1894 e finada na mesma cidade en 1971, foi unha soprano española formada na Arxentina. Ofreceu numerosos concertos en Europa e América. Foi considerada polos críticos como unha gran soprano lixeira, cunha voz ben modulada e flexible e unha técnica refinada. Residiu entre Durango e París. Dedicou os seus últimos anos á docencia en Durango. Desde 2017 o parque da Escola de Música e Conservatorio toma o seu nome a proposta da asociación feminista Andereak no Consello de Igualdade.
Notas
Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1965 Categoría:Nados en Durango, Biscaia Categoría:Músicos do País Vasco Categoría:Sopranos de España